luns, 9 de novembro de 2020

ESCAPE ROOM CIENTIFÍCO

No mes de novembro conmemoramos o Mes da Ciencia nas  Bibliotecas 💥💫💉, polo que levamos a cabo na nosa biblioteca un escape room, titulado "O rapto da mascota da biblio".

Neste vídeo explícasenos o que sucedeu coa nosa mascota Arcoiris 🐦🌈, e os pasos que temos que seguir para conseguir salvala! 



O que máis nos axudará para conseguir o noso propósito é coñecer a nosa biblioteca e os seus diferentes espazos, así como o traballo en equipo 🙌

Os nenos e nenas pasárono xenial nesta actividade! 

Credes que conseguiron o seu obxectivo??










Ningún comentario:

Publicar un comentario