mércores, 25 de novembro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS DE IGUALDADE

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero 💜💜, e aproveitando isto, puxemos en marcha dende a biblioteca do cole as mochilas viaxeiras de igualdade. 

Son mochilas violetas, que levan no seu interior diferentes contos que abordan historias cargadas de igualdade e respecto en relación aos aspectos relacionados co sexo e co xénero. 

Como o seu propio nome indica, son "viaxeiras" porque cada semana irán a casa de un neno/a de cada unha das aulas do noso centro, levando con elas aos diferentes fogares estas historias e tentando encher as súas casas destes valores. 

💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜






Ningún comentario:

Publicar un comentario