Esta semana outorgáronse os premios correspondentes ao concurso artístico organizado polo mestre de Música para o alumnado de quinto e sexto.
O certame consistía en debuxar en viñetas a historia de 'O aprendiz de bruxo', o célebre poema sinfónico composto por Paul Dukas baseado nun poema de Goethe e que narra as travesuras dun mozo meigo. Ademais de plasmar o argumento da obra, os alumnos e alumnas crearon un final alternativo do mesmo, mostrando en moitos casos gran enxeño e imaxinación.
Os catro galardoados recibiron un diploma e os seus traballos exponse no hall do colexio. Unha bonita experiencia que evidenciou un bo nivel e dedicación por parte dos nenos e nenas.
- O primeiro posto: Katia Figueira
- Segundo posto: Ana Rodriguez
- Terciro posto: Uxía Piñeiro
- Cuarto posto: Anxo Torrado
noraboa a todo
ResponderEliminarNoraboa a todos os que ganaron
ResponderEliminar