venres, 30 de outubro de 2026

CLUB DE LECTURA NARRATIVA

 

Arrancamos co club de lectura de narrativa! Nesta primeira xuntanza, mentres petiscamos algo, recordamos como funciona o club de lectura, falamos sobre os nosos gustos lectores e escollemos o noso primeiro libro: "Os Minimortos: Benvidos ao outro barrio", moi acorde coa temática destas datas.
 
 


 
 

xoves, 29 de outubro de 2026

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Continuando coa celebración do Día das Escritoras, hoxe estiveron co alumnado de infantil Milagros Torrado e Laura Pérez, escritora e ilustradora do libro "Paio e o Gatipedro".
Despois de contarnos o seu conto, que saíu ao mercado este mesmo mes, repartíronnos siluetas do Gatipedro para colorear e pintamos as caras con purpurina. Por último, asinaron un exemplar do seu libro, dedicado a todo o alumnado do noso cole. Canto gozamos na biblioteca!
 
 







mércores, 28 de outubro de 2026

LENDAS Á LUS DO CANDIL

 

Se aínda non viñeches a escoitar as lendas á lus do candil, aproveita estes últimos días para deixarte levar pola maxia das lendas!
 🕯🎃🎃🎃💀👻👻









FORMACIÓN DO PROFESORADO

 Nesta última sesión de formación do profesorado, na liña de atención á diversidade, Arantza falounos das posibles adaptacións nos exames ó alumnado de TDL.

Taḿén falamos da organizacións dos patios, da importancia de ter normas claras de todas as zonas dos patios , da posibilidade de que alumnado maior dinamice certos xogos do patio e da necesidade de establecer canles de comunicación coas familias.
Todo un acerto esta formación !!!