Cantas cousas se fan en Infantil!!! E agora que se fan maiores vanse para Primaria. Todos os recordos quedan gravados no seguinte video ambientada cunha cancións cantada por todos e todas.
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2012-13 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO 2012-13 b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 26 de xuño de 2013
xoves, 20 de xuño de 2013
MOSAICO EN RADIO BOIRO
Hoxe fíxose a última entrega desta tempada do programa "MOSAICO" de Radio Boiro que elaboran os rapaces de 1º ciclo co cole. Estivo adicado a Idade Media, e se queredes escoitar o programa, tan só tedes que facer "click" no seguinte enlace.
xoves, 23 de maio de 2013
A ESCALEIRA - STOP MOTION
Os rapaces e rapazas de infantil coa gran axuda das suas mestras crearon en plastilina ao vello Ramón, a súa neta, o xardineiro e a todos os que tentaron visitalo na súa casa, para crear una curtametraxe mediante a técnica do "stop-motion", (que consiste en intentar aparentar o movemento de obxectos estáticos mediante un montón de instantáneas)e acompañando dunha canción escrita por Diego Bello (profesor de música do centro) e cantada por algúns dos alumnos/as de infantil.
Para que non o coñeza, aquí vos presentamos ao Vello Ramón.
venres, 26 de abril de 2013
VENTE RAPASA- CONCURSO CANTARES GALEGOS
Os alumnos e alumnas do 1º ciclo de primaria interpretan e escenifican mediante un video de bonecos de plastilina o poema "Vente rapasa" de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, acompañados pola música de Diego Bello (mestre de Ed. Musical).
sábado, 23 de marzo de 2013
ACROSPORT
Os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º curso, estiveron traballando a confianza entre eles moi a conciencia, e como proba desto aquí vos deixamos unhas fotos do que conseguimos. O próximo paso... actuar co Circo do Sol!!
mércores, 20 de marzo de 2013
MOSAICO EN RADIO BOIRO
Unha vez mais, levouse a cabo o programa "MOSAICO" en Radio Boiro. Nesta ocasión o programa estivo adicado a Rosalía de Castro.
Podedes escoitar o programa facendo "click" no seguinte enlace.
sábado, 16 de marzo de 2013
CAMPO A TRAVÉS
Os alumnos máis deportistas do centro animáronse a participar nunha carreira de campo a través realizada en Riveira, na que competiron con outros centros da comarca do Barbanza, onde algúns ademáis de correr e levar medallas tamén aproveitaron para coñecer a xente nova!
venres, 8 de marzo de 2013
DUATLON
Os mais deportistas do cole, vestíronse as súas roupas mais cómodas e cargados das súas bicicletas, os cascos e de moitas forzas dispuxéronse a competir nun duatlón, no que todos acabaron tan cansos coma contentos de participar, e algún ata volveu cunha medalla de recordo!

martes, 26 de febreiro de 2013
MOSAICO EN RADIO BOIRO
Unha semana máis os nenos e nenas de 1º ciclo estiveron en Radio Boiro co programa "Mosaico". Está vez, o programa versou sobre a Paz.
Podedes escoitar o programa facendo "click" no seguinte enlace.
martes, 5 de febreiro de 2013
MOSAICO EN RADIO BOIRO
Os rapaces de 1º e 2º, seguindo co seu traballo en Radio Boiro levaron a cabo un programa que titularon "EN TEMPOS DOS CASTROS DE NEIXÓN" onde falaron do Paleolítico, Neolítico e a Idade de Ferro.
Podedes pinchar no seguinte enlace para escoitar o programa.
domingo, 23 de decembro de 2012
VIDEO PROFES
Como agasallo de Nadal, os maiores do centro remontámonos aos anos 80 e demostramos as nosas dotes artísticas cunha coreografía dos temas mais coñecidos da película de Grease, cos nosos John Travolta e Olivia Newton-John particulares, moito mellores cos da propia película.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






