Hoxe acudeu Emilio ao noso centro, e seguimos a traballar sobre a flora e fauna autóctonas, e a educación ambiental.
martes, 5 de maio de 2026
luns, 4 de maio de 2026
OBRADOIRO CON AMABUL
Obradoiro lúdico informativo con Amabul (asociación medioambiental) para achegarnos ó mundo das plantas autóctonas e ás súas estratexias para a reproducción.
xoves, 30 de abril de 2026
RADIO VALIÑO
Nova receita semanal do obradoiro de cociña infantil e novos episodios de Natureza galega do alumnado de 6º de primaria.
mércores, 25 de marzo de 2026
DÍA DA NARRACIÓN ORAL
O alumnado de 1º e 2º de primaria elaboraron unha estupenda fábula "O lobo e o cormorán" que representaron para todo o cole. Unha fábula cunha mensaxe clara de coidado do medio ambiente e cunha moralexa moi concreta "Para non enfermar, a natureza hai que coidar". Un boa mensaxe!!
luns, 23 de marzo de 2026
SEMENTA VIDA, SEMENTA FUTURO
O proxecto Sementa vida, sementa futuro chegou ao noso cole para plantar árbores autóctonas na contorna do campo de fútbol de Valiño.
luns, 9 de marzo de 2026
CONMEMORAMOS O 8M
Conmemorando o #8M tivemos a visita de Laura Pérez, técnica forestal, ilustradora e traballadora da Librería Nobel de Boiro. Cas distintas clases plantaron uns xirasois, leron uns libros, regalounos unhas ilustracións súas e desde o cole regalámoslle unha pranta e unha libreta do cole. Unha experiencia inspiradora e moi valiosa. Gracias por todo.
mércores, 11 de febreiro de 2026
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
As alumnas da Eso e de Bacharelato do IES Barraña fixeron unha representación teatral para toda primaria mostrando as vidas de varias mulleres científicas ao longo da historia. Entre elas Hypatia de Alejandría constructora de instrumentos astronómicos, Ada Lovelance creadora do primeiro algoritmo informático, Marie Curie que descubriu o polonio e os radios X ou Hedy Lamarrd inventora da wifi.
venres, 30 de xaneiro de 2026
DÍA DA ILUSTRACIÓN - BLANCA MILLÁN
No día da ilustración visitounos Blanca Millán, quen nos deleitou cunha masterclass sobre a flora e a fauna autóctonas.
FACEMOS TRAMPAS PARA AS VELUTINAS
Hoxe preparamos unhas trampas para velutinas, unha especie invasora que acaba coas nosas abellas.
venres, 23 de xaneiro de 2026
INVESTIGAMOS SOBRE AS VELUTINAS!
As velutinas, procedentes do sureste asiático chegaron no 2013 a Galicia para quedar.Son Unha especie invasora que perxudican a nosa fauna e a nosa flora.O alumnado de 3° e 4° investigamos sobre elas para logo xuntarnos e facer Unha posta en común.Aprendemos un montón de cousas !





















































