Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA ILUSTRACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA DA ILUSTRACIÓN. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

DÍA DA ILUSTRACIÓN - BLANCA MILLÁN

 No día da ilustración visitounos Blanca Millán, quen nos deleitou cunha masterclass sobre a flora e a fauna autóctonas.

Botádelle un ollo á entrevista que se lle fixo na nosa radio.





martes, 15 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

 Grazas ao concello e á biblioteca municipal de Boiro, o alumnado da sección bilingüe puido desfrutar dunha lección maxistral da man (e lapis) de RODRIGO CHAO. 

Falounos da profesión de ilustrador e ensinounos a darlle volume, perspectiva e movemento a diferentes personaxes. Grazas Rodrigo!!!!


A actividade foi tan enriquecedora que será ampliada ao resto do alumnado de primaria do centro.

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:




venres, 29 de xaneiro de 2021

CASTELAO

Este mes de xaneiro estivemos traballando a Castelao dende a biblioteca, conmemorando desta maneira o Día da Ilustración, e o aniversario do nacemento de Castelao


Deste xeito, atendendo aos diferentes niveis que compoñen o noso colexio e polo tanto, aos diferentes cursos que pasan pola biblioteca, levamos a cabo actividades variadas; lecturas de viñetas de Castelao, creación dun diálogo partindo das súa viñetas, decoración de viñetas... e finalmente, a montaxe do mural "Cousas de Cabo, Castelao reimaxinado". 

Que vos parece o resultado?









mércores, 27 de febreiro de 2019

RECORDANDO AO CASTELAO, ILUSTRADOR.

O alumnado de 2 curso estiveron traballando a figura de Castelao como ilustrador como celebración do día da ilustración que se ven celebrando todos os anos o 30 de xaneiro. A partir de agora forman parte da decoracións as escaleiras do centro.
Velaquí vos quedan unhas viñetas representativas e personalizadas do alumnado de 2º curso. Son uns/unhas artistas!!





Esta actividade enmárcase dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, dentro do proxecto presentado para a Xunta de Galicia.