Amosando publicacións coa etiqueta exeria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exeria. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2026

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O BULLYNG E O ACOSO ESCOLAR

 O 2 de Maio conmemórase o Día Internacional contra o Bulling e o Acoso Escolar. O alumnado de quinto e sexto estivo traballando con Alba (exeria) e fixeron esta fantástica actividade.


xoves, 23 de abril de 2026

TRABALLAMOS A COMUNICACIÓN

 Hoxe con Alba de Exeria fixemos o xogo do fío para traballar a comunicación. Aproveitamos o bo tempo para facelo no patio.




xoves, 26 de marzo de 2026

LOITA CONTRA O ACOSO NA ESCOLA

 Hoxe con Alba de Exeria Proxecto comenzamos a preparar os carteis para facer unha actividade dirixida a loitar contra o acoso na escola. Xunt@s podemos.



luns, 9 de marzo de 2026

TRABALLAMOS CON EXERIA

 En 4º curso, Alba Exeria Proxecto falounos de que coñecer as nosas emocións axúdanos a que a nosa vida sexa máis sinxela .Hoxe seguimos analizando que emocións sentimos no cole en diferentes momentos e situacións.

En 5º curso seguiron traballando a resolución de conflitos coa axuda dos monicreques. A próxima sesión será con terceiro curso.
Gracias por todo, Alba!!






xoves, 26 de febreiro de 2026

EMOCIÓNS CON EXERIA

 Hoxe visitounos Alba de Exeria Proxecto.

O alumnado de 4º traballou coas súas emocións. Debuxaron un animal ou o nome e pintaron con diferentes cores pensando en como se senten na escola: azul para a tristeza, verde para a calma, amarelo para a alegría...

Por outra banda, no grupo de 5° e 6º seguiron traballando a resolución de conflitos coa axuda dos monicreques.
Pasámolo xenial! Vémonos en 15 días!







xoves, 12 de febreiro de 2026

RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 Hoxe con Alba, Exeria, estivemos preparando os monicreques que nos van a servir para representar diferentes situacións que nos permitan poñernos na pel doutros nenos e nenas para traballar a empatía, a resolución de conflitos, búsqueda de solucións...









xoves, 29 de xaneiro de 2026

TRABALLAMOS A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Hoxe con Alba, Exeria, traballamos como identificar e solucionar conflitos que podan xurdir entre compañeiros.






xoves, 15 de xaneiro de 2026

xoves, 27 de novembro de 2025

TRABALLAMOS A AUTOESTIMA

 Hoxe, nunha nova sesión con Alba de Exeria, continuamos traballando a autoestima.

Todos e todas, dedicáronlle unhas bonitas palabras aos  seus compañeiros e compañeiras. Quedarán escritas na decoración de Nadal que estamos a preparar.










luns, 10 de novembro de 2025

AUTOESTIMA

Hoxe tivemos unha nova sesión con Alba de Exeria. Traballamos a calma nun clima de tranquilidade con música relaxante e moi concentrados nunha actividade que ten como obxectivo aumentar a nosa autoestima.

Continuaremos en próximas sesións.






xoves, 16 de outubro de 2025

Traballo con Exeria

Hoxe con Alba (Exeria) falamos de como nos sentimos ao iniciar un curso novo e qué cousas traemos nas nosas mochilas: alegrías, inseguridades, ilusións...