Como parte final do proxecto desenvolvido na aula de 2º de primaria "Vila Amizade" construimos a vila e introducímonos na programación facendo uso dun "escornabot".
Amosando publicacións coa etiqueta 2º CURSO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º CURSO b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 22 de xaneiro de 2020
venres, 31 de maio de 2019
EXCURSIÓN A VIGO. INFANTIL, 1º e 2º
O mércores 29 o alumnado de infantil, primeiro e segundo foron de visita a Vigo, a Naturnova: viaxaron en submarino, clasificaron lixo nun bosque simulado, aprenderon sobre o sistema solar, debuxaron e buscaron imaxes en cadros e disfrutaron no parque de Castrelos.
Que día máis completo!!!
AQUI deixamos varias fotos para que as disfrutedes.
Que día máis completo!!!
AQUI deixamos varias fotos para que as disfrutedes.
xoves, 4 de abril de 2019
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA. 1º,2º,3º E 4º CURSO
O mércores 3 de abril 1º,2º,3º e 4º curso foron visitar O Salón do Libro de Pontevedra. Viron unha obra de teatro, visitaron o casco vello de Pontevedra, disfrutaron na Illa das esculturas e tiveron unha visita guiada a través do espazo dedicado á literatura no Pazo de Cultura elaborado por distintos centros educativos.
Pincha para ver máis FOTOS
Pincha para ver máis FOTOS
xoves, 28 de febreiro de 2019
LIMPEZA DA PRAIA DE CARRAGUEIROS. 1º e 2º CURSO.
O martes 26 de febreiro o alumnado de 1º e 2º curso fixo unha saída á praia de Carragueiros para recoller lixo e comprobar toda a basura que hai nas praias e a importancia de manter limpo o entorno que nos rodea. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto levado a cabo na aula de primeiro "Patrulla Planeta" e o proxecto de segundo curso "Os insectos".
mércores, 27 de febreiro de 2019
RECORDANDO AO CASTELAO, ILUSTRADOR.
O alumnado de 2 curso estiveron traballando a figura de Castelao como ilustrador como celebración do día da ilustración que se ven celebrando todos os anos o 30 de xaneiro. A partir de agora forman parte da decoracións as escaleiras do centro.
Velaquí vos quedan unhas viñetas representativas e personalizadas do alumnado de 2º curso. Son uns/unhas artistas!!
Velaquí vos quedan unhas viñetas representativas e personalizadas do alumnado de 2º curso. Son uns/unhas artistas!!
Esta actividade enmárcase dentro das actividades organizadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro, dentro do proxecto presentado para a Xunta de Galicia.
mércores, 20 de xuño de 2018
TEATRO DE 2º CURSO
Hoxe na biblioteca do cole o alumnado de 2º de primaria representou unha obra de teatro baseada na vida dos romanos e baixo o título de "O achado do castro". Unha obra moi divertida que nos fixo pasar a todos un bo rato.
Podedes descargar todos os vídeos da obra facendo clic AQUI.
sábado, 9 de xuño de 2018
RESUMO DO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS
O alumnado de infantil (3,4 e 5 anos) fixo un proxecto chulísimo sobre "As nubes": cadernos, manualidades, experimentos e moitas cousas mais.
Tivemos grande repercursión mediática posto que nos visitaron 2 excelentes meteorólogos: Diego Viaño e Xoan Taboada.
Explicaronnos en que consiste o seu traballo e ata fixemos de "homes do tempo" por un día.
Ademais disto, saimos na prensa e nas redes sociais en varias ocasións.
O alumnado de segundo curso buscou, seleccionou e decorou as paredes do cole con refráns relativos ao tempo en galego coa axuda das familias.
O alumnado de 1º curso fixo un climograma coas temperaturas máximas, mínimas e chuvia do mes de marzo do 2018.
O alumnado de 6º curso fixo un climograma coas temperaturas máximas, mínimas e nivel de chuvia deste inverno pasado (xaneiro, febreiro e marzo do 2018).
Todos os datos sacaronos da páxina de Meteogalicia, concretamente da estación meteorolóxica que temos no concello, en Cespón.
A profesora de educación física realizou un mural co alumnado de terceiro curso sobre os xogos e deportes que se poden facer dependendo das condicións climáticas e as estacións do ano.
Co alumnado de cuarto curso realizou un video sobre a importancia de facer exercicios de quecemento para iniciar calquera actividade física, mais aínda cando hai condicións extremas de calor ou frio.
A profesora de inglés e o alumnado de 5º curso de primaria realizaron un video sobre a predición do tempo en inglés.
Tamén realizou un video co alumnado de sexto curso con expresións sobre o tempo en lingua inglesa.
A orientadora do centro e o especialista de Pedagoxía Terapéutica, fixeron un timelapse sobre a evolución das árbores a través as estacións do ano e un traballo de como nos afectan emocionalmente os cambios atmosféricos.
PARA VER TODAS AS FOTOS DO PROXECTO, PREMEDE NA IMAXE
GRACIAS a toda a comunidade educativa e persoal laboral que fixo posible levar adiante este proxecto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















































