Xornada de Festival no Centro social de Cabo. Todo un espectàculo. Gracias a todo o alumnado, profesorado, afa, familias e sobre todo ao noso profe de música.
venres, 19 de decembro de 2025
FESTIVAL DE INVERNO
mércores, 15 de febreiro de 2023
FORMACIÓN DO PROFESORADO NO PLAN DIXITAL
O profesorado do noso centro estase formando para poñer en marcha a radio na escola, e tamén volver a retomar a revista escolar "A BENZA".
Formación da revista escolar
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
venres, 10 de febreiro de 2023
11F: INVENTOS, IDEAS QUE CAMBIAN A VIDA
Baixo o título "Inventos, ideas que cambian vidas" participaron 54 alumnos/as de 1º Bacharelato do #IESBarraña @barranaenreda co gallo da celebración no cole do #11F2023 ( Día internacional da muller e a nena na ciencia). O alumnado desfrutou dunha representación teatral da vida de varias inventoras, explicación de varios inventos ó longo da historia e na elaboración de avións, cohetes, coches e mans articuladas.
Toda unha mañá moi ben aproveitada.
Gracias á #profeTere e o #ProfeJavi pola organización. Mención especial a #Xaquin pola contribución ó proxecto. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia
luns, 14 de xuño de 2021
2º ANO DE EDIXGAL
Desde hai tempo estamos levando a cabo unha dixitalización do ensino no cole:
- Participamos activamente no proxecto EDIXGAL, dotando de netbooks a todo o alumnado de 5º e 6º de primaria.
- Ponse á disposición do profesorado e do alumnado unha plataforma educativa con múltiples recursos que enriquecen o proceso de ensino e aprendizaxe.
- Reutilización dos netbooks de ABALAR para o alumando de 4º curso de primaria.
- Compra e actualización de equipos informáticos.
- 1 sesión de TICS (tecnoloxías da información e a comunicación) en todos os niveis de infantil e primaria: procesador de textos, uso das ferramentas de Google, navegación pola Aula Virtual do cole, etc.
- Formación continua do profesorado coa posta en marcha dun Seminario permanente sobre Edixgal.
- Formación para o profesorado do uso da Aula virtual e todo o seu potencial.
Desta forma estamos convencidos que o alumnado obterá unha competencia dixital axeitada ó mundo real que lle espera ó salir da escola.
Seguiremos loitando por mellorar ano a ano o desenvolvemento das competencias no noso alumnado.
Gracias a todas as persoas que día a día facilitan ese traballo!!!

























