Amosando publicacións coa etiqueta CULTURAS DO MUNDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CULTURAS DO MUNDO. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de abril de 2017

DE EXCURSIÓN A EXIPTO!!!

Rematado o proxecto sobre a cultura exipcia, só faltaba "viaxar" na historia e ver de cerca o símbolo máis emblemático daqueles tempos: as pirámides! O alumnado de 1º e 3º emprendeu a ruta e chegou...A EXIPTO,  na parroquia de Abanqueiro. Resultou unha xornada entretida e divertida.

luns, 10 de abril de 2017

DANZAS DO MUNDO

Aproveitando o tema das culturas do mundo que se está a traballar no cole este ano, dende a asignatura de educación física tamén quixemos aprender algunhas danzas propias de diferentes lugares do planeta.



MIEKE STOUT (Bélxica)

SAMOTH (Israel)

SIETE PASOS (Dinamarca)

ZIGEUNERPOLKA (Chequia)

DANZA ELEGANTE (Austria)

MIEKE STOUT (Bélxica)

TZADIK KATAMAR (Israel)

OH SUSANA (EEUU)

xoves, 6 de abril de 2017

EMPAPÁNDONOS DE ÁFRICA

No traballo sobre as culturas do mundo que estamos a realizar durante este curso no cole, o terceiro curso decidíu centrarse en Africa.

Xa que temos na clase dúas rapazas procedentes de Etiopía, centrámonos especialmente neste pais, e investigamos sobre algunhas cousiñas que lles interesaban. Estivemos vendo un documental titulado Shoots From Abyssinia -O Sur, que trata sobre uns nenos etíopes, que foron adptados e viven en Galicia, e volven ó seu país para coñecer as culturas e tradicións...

Ademais de todo isto, estivemos escoitando música africana e facendo algúns bailes propios da súa cultura nas clases música e educación física.

E aproveitando a exposición que se foi creando no hall do colexio, estivemos presentando todos os obxectos que trouxemos para a mesma e que procedían deste continente.

Aínda que xa temos moito traballado, queda moito curso para seguir indagando sobre as curiosidades deste continente africano.











venres, 24 de febreiro de 2017

VENRES DE ENTROIDO- CULTURAS DO MUNDO

Un ano máis a esperada celebración do Entroido! Este ano relacionado coas culturas do mundo. Desfilamos, bailamos, xogamos, comimos... un día xenial!











https://goo.gl/photos/PtuwFQYX8gH1gmGv6












luns, 20 de febreiro de 2017

CULTURAS DO MUNDO - EXIPTO

Sumerxíndonos en diferentes culturas, os de primeiro chegaron a Exipto. Como non, alí tiveron que aprender a escritura xeroglífica e así nolo demostran escribindo en papiros.