Para conmemorar o día do libro, o alumnado de 6⁰ desfrutou dunha xornada de convivencia arredor da lectura no IES A Cachada. Cada alumno/a preparou unha recomendación lectora, que compartiu co alumnado do IES no xardín do seu centro e, despois, desfrutamos dunha merenda na biblioteca.
Amosando publicacións coa etiqueta DIA DO LIBRO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA DO LIBRO b>. Amosar todas as publicacións
luns, 27 de abril de 2026
sábado, 22 de abril de 2023
RECREACIÓN DE PORTADAS
Dende o equipo de biblioteca, deseñouse unha actividade voluntaria na que se solicitaba a axuda das familias.
A actividade, consistía na recreación da portada dun libro, escollido polo alumnado e familia. Só puxemos unha condición, que fose dun libro existente, escrito en calquera idioma e formato.
A presentación faríase en formato papel ou dixital e podíase empregar calquer tipo de material (plástico, disfraces...) e técnica (manualidades, fotomontaxe...).
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
venres, 21 de abril de 2023
DIA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR
A chuvia non nos deixou desfrutar do noso patio pero non impediu que se fixera.
O alumnado distribuiuse polas distintas estancias interiores do centro.
É unha actividade moi enriquecedora para o alumnado, na que participan activamente.
Dende o equipo de biblioteca, agasallamos ao alumnado cun marcapáxinas ben bonito.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
luns, 25 de abril de 2022
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Celebramos o día do libro (23 de abril) coas parellas de madriñas e padriños lectores. Cada neno/a intercambiaba un marcapáxinas de creación propia, coa persoa apadriñada, ademais de lecturas agarimosas.
xoves, 25 de abril de 2019
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
O martes 23 de abril tivemos a sorte de contar con Héctor Cajaraville no cole para falarnos do seu libro "Kusuma", unha fermosa historia que ten encantado ao alumnado de 4º e 5º curso de Primaria.
O mércores 24 pola tarde fixemos a actividade "Madriñas e padriños lectores" que consiste en formar parellas co alumnado de todo o cole para que os maiores lle lean contos aos mais pequenos. Unha actividade que facemos por segunda vez e que resulta moi motivadora.
Neste ENLACE tendes todas as fotos e videos das dúas xornadas.
O mércores 24 pola tarde fixemos a actividade "Madriñas e padriños lectores" que consiste en formar parellas co alumnado de todo o cole para que os maiores lle lean contos aos mais pequenos. Unha actividade que facemos por segunda vez e que resulta moi motivadora.
Neste ENLACE tendes todas as fotos e videos das dúas xornadas.
"Cando unha avoa, ou unha nai, ou un pai contan un conto aos seus netos, ou aos seus fillos, están a realizar un acto de amor. Un acto de amor cara ao pequeno, pois lle están descubrindo o universo da ficción literaria. Están a construír un fermoso vínculo co neno ou a nena, e estanlle capacitando, sen sabelo e sen pretendelo, para que se faga unha persoa competente no ámbito da lectura. Están a espertar nel a imaxinación, a capacidade de escoita e a de espera, o gusto polas palabras e o amor aos libros".
"La importancia de leer en casa" de Antonio Ventura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










.jpeg)
















