xoves, 25 de abril de 2019

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

O martes 23 de abril tivemos a sorte de contar con Héctor Cajaraville no cole para falarnos do seu libro "Kusuma", unha fermosa historia que ten encantado ao alumnado de 4º e 5º curso de Primaria.

O mércores 24 pola tarde fixemos a actividade "Madriñas e padriños lectores" que consiste en formar parellas co alumnado de todo o cole para que os maiores lle lean contos aos mais pequenos. Unha actividade que facemos por segunda vez e que resulta moi motivadora.

Neste ENLACE tendes todas as fotos e videos das dúas xornadas.


"Cando unha avoa, ou unha nai, ou un pai contan un conto aos seus netos, ou aos seus fillos, están a realizar un acto de amor. Un acto de amor cara ao pequeno, pois lle están descubrindo o universo da ficción literaria. Están a construír un fermoso vínculo co neno ou a nena, e estanlle capacitando, sen sabelo e sen pretendelo, para que se faga unha persoa competente no ámbito da lectura. Están a espertar nel a imaxinación, a capacidade de escoita e a de espera, o gusto polas palabras e o amor aos libros".
"La importancia de leer en casa" de Antonio Ventura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario