Amosando publicacións coa etiqueta CRUZ VERMELLA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CRUZ VERMELLA. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de maio de 2026

VERBENA INTERXERACIONAL NO PAZO DE GOIÁNS

 A rapazada de 3° e 4° visitamos o pazo de Goiáns para asistir á verbena interxeracional organizada pola cruz vermella. Gozamos dunha camiñata pola natureza, xogos ,merendola e música tradicional.

Pasámolo xenial!






martes, 24 de marzo de 2026

ROTEIRO POLA CONTORNA COA CRUZ VERMELLA

 Dentro do proxecto interxeracional organizado pola Cruz Vermella e o Concello de Boiro, hoxe o alumnado de 5° e 6° fixemos unha das actividades previstas, o roteiro pola contorna.

Persoal do Concello, usuarios da Cruz Vermella e un exmestre acompañáronnos a distintos lugares da parroquia explicándonos como eran eses sitios, usos e a transformación que sufriron ao longo dos anos.
Pasámolo xenial e ata tivemos tempo de pasear pola praia. Grazas a todas e todos.





martes, 3 de marzo de 2026

FALAMOS DE IGUALDADE COA CRUZ VERMELLA

 Sesión do alumnado de 3ºEP coa Cruz Roja en Boiro dentro da iniciativa #ludieduca. Para celebrar a semana do #8M falamos de conceptos tan interesantes como a igualdade, o feminismo ou os estereotipos de xénero e reflexionamos sobre os xoguetes ou as profesións. Será verdade iso de que aos nenos só lles gusta o fútbol e a cor azul e as nenas as bonecas e a cor rosa?





martes, 24 de febreiro de 2026

ACTIVIDADE "HISTORIAS VIVAS"

 Hoxe, 5° e 6°, participaron na actividade "Historias vivas" organizada pola Cruz Vermella. Compartimos vivencias, recordos, fotografías e consellos con persoas moi sabias que tiveron a xenerosidade de pasar un bo rato con todos nós.

Moitas grazas a todas.













martes, 27 de xaneiro de 2026

ACTIVIDADE COA CRUZ VERMELLA

Hoxe as usuarias do taller de memoria de Cabo de Cruz axudáronnos a entender como era o noso pobo hai moitos anos, como eran as súas vidas...Utilizamos fotos para que nos trasladasen ao pasado.

Moitas gracias, sodes historia viva !








martes, 7 de outubro de 2025

PROGRAMA LUDIEDUCA

Ludieduca: hábitos de vida saudables.

Nesta primeira toma de contacto, A Cruz Vermella, traballou o concepto de alimentación e nutrición, a importancia da hixiene e a  necesidade do exercicio físico  para estar sans.





venres, 11 de xuño de 2021

PRENSA 20-21

 Unha vez máis saímos na prensa a raiz dunha saída organizada pola Cruz Vermella, co gallo do día dos océanos.

Desta vez organizouse unha saída às praias da contorna para recoller lixo. Posteriomente nas clases fíxose unha reflexión do atopado e do grave problema medioambiental que iso provoca.


BARBANZA.GAL

VOZDEGALICIA/BARBANZA