Amosando publicacións coa etiqueta 5º CURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5º CURSO. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de setembro de 2019

PROXECTO E-DIXGAL

Este curso o alumnado de 5º de primaria vai dispor de portátiles para traballar tanto no centro como na casa contidos dixitais.
Estamos organizando todo para que sexa a mellor experiencia de todas.
Aquí vos deixamos un video explicativo. Seguiremos informando.


xoves, 25 de abril de 2019

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

O martes 23 de abril tivemos a sorte de contar con Héctor Cajaraville no cole para falarnos do seu libro "Kusuma", unha fermosa historia que ten encantado ao alumnado de 4º e 5º curso de Primaria.

O mércores 24 pola tarde fixemos a actividade "Madriñas e padriños lectores" que consiste en formar parellas co alumnado de todo o cole para que os maiores lle lean contos aos mais pequenos. Unha actividade que facemos por segunda vez e que resulta moi motivadora.

Neste ENLACE tendes todas as fotos e videos das dúas xornadas.


"Cando unha avoa, ou unha nai, ou un pai contan un conto aos seus netos, ou aos seus fillos, están a realizar un acto de amor. Un acto de amor cara ao pequeno, pois lle están descubrindo o universo da ficción literaria. Están a construír un fermoso vínculo co neno ou a nena, e estanlle capacitando, sen sabelo e sen pretendelo, para que se faga unha persoa competente no ámbito da lectura. Están a espertar nel a imaxinación, a capacidade de escoita e a de espera, o gusto polas palabras e o amor aos libros".
"La importancia de leer en casa" de Antonio Ventura.


xoves, 15 de febreiro de 2018

SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O luns 5 e o mércores 7 de febreiro veunos visistar unha astrofísica chamada Isa Rebollido que nos falou do seu traballo observando planetas, estrelas e outros elementos e da historia da astronomía a través de mulleres importantes no tema. Foi moi interesante!! Moitas gracias Isa.
O luns foi o turno de 1º,2º e 3º curso.








O mércores 7, foi o turno de 4º,5º e 6º. Nesta ocasión explicoulles cal era o motivo de celebración do Día da muller e a nena na ciencia e explicou o mundo da astronomía a través dos ollos de mulleres importantes nesta materia.




 



xoves, 19 de outubro de 2017

Primeros auxilios



O alumnado de quinto e sexto de primaria do cole asistiron durante o mes de outubro a unhas sesións de primeiros auxilios na materia de educación física coa colaboración dun técnico da Cruz Vermella de Boiro. Aos seus 10 e 11 anos, estes nenos xa saben que ante una emerxencia o primeiro que deben facer é poñer en práctica o PAS (Protexer, Avisar e Socorrer).

Ademais de coñecer o protocolo dun servizo de emerxencia, e como actuar ante cortes, caídas ou feridas, tamén practicaron a colocación dun ferido en Posición lateral de seguridade, así como de que xeito actuar ante un atragoamento ou a manobra de RCP cuns bonecos de prácticas.

Ante todo, este alumando aprendeu a necesidade de alertar ao 112 dando a máxima información posible, e o importante que é manter a calma nunha situación de emerxencia, para poder tomar as decisións correctas neste tipo de situación, e poder dirixir en que facer a algunha outra persoa que non saiba.

Os primeiros auxilios salvan vidas.





mércores, 3 de maio de 2017

VISITA DA ESCRITORA LEDICIA COSTAS


Este mércores 26 veu a visitarnos a escritora Ledicia Costas que nos falou do seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta". O alumnado de 4º, 5º e 6º curso fixeronlle moitas preguntas e pasaron un rato divertido.



ENOCIONÁNDONOS

O alumnado de 5º curso indagou sobre o seu interior, as súas cualidades personais, e crearon un planeta imaxinario e dentro eses aspectos positivos da personalidade de cada quen.

Pensaron tamén nas dificultades, nos medos que obstaculizan a nosa felicidade (as pedras no nosos camiño).

A parte de todo isto, e con continuidade ao longo do curso, fóronse levando unhas sesións de titoría, nas que se realizaba principalmente a actividade das "PELUSAS QUENTES", que consistía en Sentarse en círculo, e ir verbalizando aspectos positivos da nena ou neno que ese día ía recibir esas palabras cálidas, esas “apertas” sinceras e honestas axudándolle a mellorar a súa autoestima.


Ademais, de xeito puntual, fóronse levando a cabo lecturas dalgúns contos que axudaban a traballar as emocións que mais precisaba a clase nese momento, algúns dos contos traballados foron "Eu primeiro!", " A galiña azul", "Historia dos bonobos con gafas", entre outros.



luns, 24 de abril de 2017

XORNADAS DEPORTIVAS

Este luns recibimos no cole de Cabo ao alumnado e profesorado do CPR La Milagrosa para levar a cabo unha das xornadas deportivas intercentros que este curso escolar estamos desenvolvendo dende a área de educación física, coma sempre intentando promover a práctica de actividade deportivas na idade escolar.







martes, 18 de abril de 2017

PASCUA

O alumnado de relixión realizou nas clases desta materias, unhas bonitas caixas de Pascua con sorpresa.
Mirade que chulas quedaron!





venres, 24 de marzo de 2017

CAMPIONATO DE INDIACA

Esta semana na clase de 5º estivemos levando a cabo un campionato de indiaca, despois de estar varias clases aprendendo a xogala e as regras do deporte.

Noraboa Hugo, desfruta do teu trofeo!





venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO: 24 DE FEBREIRO

   Rosalía inspírase no noso entorno galego: o agro e o mar.

Os elementos naturais destes recollémolos e escribimos palabras, versos e algunha estrofa da obra desta nosa poeta a que tanto lle debemos.
Grazas Rosalía!