O
alumnado de quinto e sexto de primaria do cole asistiron durante o mes de outubro a unhas sesións de primeiros auxilios
na materia de educación física coa colaboración dun técnico da Cruz Vermella de
Boiro. Aos seus 10 e 11 anos, estes nenos xa saben que ante una emerxencia o
primeiro que deben facer é poñer en práctica o PAS (Protexer, Avisar e
Socorrer).
Ademais
de coñecer o protocolo dun servizo de emerxencia, e como actuar ante cortes, caídas
ou feridas, tamén practicaron a colocación dun ferido en Posición lateral de
seguridade, así como de que xeito actuar ante un atragoamento ou a manobra de
RCP cuns bonecos de prácticas.
Ante
todo, este alumando aprendeu a necesidade de alertar ao 112 dando a máxima
información posible, e o importante que é manter a calma nunha situación de
emerxencia, para poder tomar as decisións correctas neste tipo de situación, e
poder dirixir en que facer a algunha outra persoa que non saiba.
Os
primeiros auxilios salvan vidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario