Amosando publicacións coa etiqueta proxectoenclave. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxectoenclave. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2026

ÚLTIMA SESIÓN DE TEATRO CON MARTA RÍOS

 Hoxe, o alumnado de cuarto de primaria e sexto de infantil, tiveron a última sesión de teatro con Marta Ríos deste curso.

Imitaron animais,fixeron figuras cos seus corpos, representaron portadas de xornais...
Pasámolo xenial!
Graciñas Marta !





luns, 13 de abril de 2026

XOGAMOS CO NOSO CORPO E AS NOSAS EMOCIÓNS

 A visita de Marta Ríos Cortés sempre nos resulta moi enriquecedora. O alumnado de 4º EP e o alumnado de 6º EI, xogamos e aprendemos co noso corpo e as nosas emocións. Pasámolo xenial! Ata a próxima!




martes, 17 de marzo de 2026

VISITA DA FACULTADE DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA

 Esta mañá o alumnado da Facultade Óptica e Optometría veu ó cole para facerlle unhas probas ó alumnado de 3º e 4º de primaria para detectar posibles problemas visuais. O alumnado levará un informe cos resultados obtidos.







luns, 16 de marzo de 2026

ACTIVIDADE CON MARTA RÍOS

 Saúdos internacionais, representacións corporais,.... Con Marta Ríos Cortés sempre o pasamos xenial! Moitas gracias pola túa visita ,vémonos en abril!

#proxectoenclave para o alumnado de 4º EP e 6º EI Concello de Boiro




xoves, 12 de febreiro de 2026

RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

 Hoxe con Alba, Exeria, estivemos preparando os monicreques que nos van a servir para representar diferentes situacións que nos permitan poñernos na pel doutros nenos e nenas para traballar a empatía, a resolución de conflitos, búsqueda de solucións...









xoves, 15 de xaneiro de 2026

luns, 15 de decembro de 2025

SESIÓN CON MARTA RÍOS

 Hoxe voltou Marta Ríos para recordarnos que podemos facer cousas marabillosas usando o corpo e a nosa imaxinación. Fotos na praia, xogando, modelar cousas,...

Grazas Marta!





xoves, 11 de decembro de 2025

ACTIVIDADES COHESIÓN DO GRUPO

 Hoxe con Alba de EXERIA PROXECTO traballamos a cohesión do grupo a través dunha actividade moi especial. Creamos entre todas/os a nosa propia árbore de Nadal, decorámola con ilusión, creatividade e compañeirismo.

Cada un deixou unhas bonitas palabras na parte de atrás dos adornos. Ademais, na árbore escribimos o que nos fai sentir estar xuntas/os: cariño, empatía, amizade...
De esta forma, comprendemos que cada un/unha de nós aporta algo único para que o grupo funcione e medre unido.









luns, 10 de novembro de 2025

AUTOESTIMA

Hoxe tivemos unha nova sesión con Alba de Exeria. Traballamos a calma nun clima de tranquilidade con música relaxante e moi concentrados nunha actividade que ten como obxectivo aumentar a nosa autoestima.

Continuaremos en próximas sesións.






luns, 13 de outubro de 2025

TALLER CON MARTA RÍOS

 Comezamos a aventura con Marta Ríos. Movemos os nosos corpos ao ritmo da música, fomos conscientes da importancia de coñecer o corpo propio para facer certas actividades, usamos a nosa imaxinación para que unha folla de xornal fose calquer outro obxecto,.... 

Pasámolo xenial! Moitas grazas Marta. 

Vémonos na seguinte.