Amosando publicacións coa etiqueta plambe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plambe. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de marzo de 2026

RADIO VALIÑO

 Temos episodio novo en #RadioValiño. Nesta ocasión a entrevista a Laura Pérez elaborada polo alumnado de 6º. Contou un montón de cousas. Escoitádea!!

ESCÓITAA AQUÍ!




luns, 9 de marzo de 2026

CONMEMORAMOS O 8M

 Conmemorando o #8M tivemos a visita de Laura Pérez, técnica forestal, ilustradora e traballadora da Librería Nobel de Boiro. Cas distintas clases plantaron uns xirasois, leron uns libros, regalounos unhas ilustracións súas e desde o cole regalámoslle unha pranta e unha libreta do cole. Unha experiencia inspiradora e moi valiosa. Gracias por todo.






venres, 6 de marzo de 2026

CLUB DE CÓMIC

 Nesta última reunión do club fixemos un intercambio de cómics, así que cada participante levou para casa una nova historia para descubrir. Pero iso non foi todo, tamén sacamos o noso lado máis artístico. Cada un/unha fixo un debuxo cunha dedicatoria especial para outro/a compañeiro/a, creando pequenas obras cheas de humor e moita creatividade.

Foi un momento moi divertido no que os cómics e a amizade foron os verdadeiros protagonistas.
Na próxima reunión... continuaremos a aventura!




xoves, 5 de marzo de 2026

ENCONTRO PLAMBE

 A coordinadora de biblioteca do cole está presente en Santiago no Encontro #PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas) para todos os centros educativos galegos que forman parte desta rede.



venres, 27 de febreiro de 2026

CURSO DE REGUEIFA

 Hoxe o alumnado de 4°,5° e 6° tivemos a sorte de participar no curso de regueifa da man de Lupe Blanco , mestra regueifeira de Galicia.

Grazas ao departamento de dinamización lingüística do Concello de Boiro por facilitarnos esta actividade, agardamos continuar participando moitos anos máis. En Cabo temos madeira regueifeira!




mércores, 11 de febreiro de 2026

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 As alumnas da Eso e de Bacharelato do IES Barraña fixeron unha representación teatral para toda primaria mostrando as vidas de varias mulleres científicas ao longo da historia. Entre elas Hypatia de Alejandría constructora de instrumentos astronómicos, Ada Lovelance creadora do primeiro algoritmo informático, Marie Curie que descubriu o polonio e os radios X ou Hedy Lamarrd inventora da wifi.

Unhas grandes artistas impartindo unha gran lección de historia. Que mellor forma de conmemorar o #11F2026 #diainternacionalmullerenenanaciencia
Gracias ó alumnado do #IesBarraña o alumnado do cole (infantil e primaría) elaboraron uns #xardinseternos chulísimos!!! Moitas grazas ao profesorado e alumnado que o fixo posible. Foi unha experiencia moi enriquecedora e adaptada ao PDI do centro (Fauna e flora autóctona galega).














venres, 6 de febreiro de 2026

CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS

Nova xornada de Club de lectura familiar. Comezamos coa lectura do conto "Chímpate Pepa". Continuamos cunha actividade plástica destinada aos/ás máis peques do club. De seguido, comentamos as persoas adultas do libro lido anteriormente e xa para rematar, como xa vén sendo habitual, tomamos unha merenda realizada polas familias que estaba moi saborosa.
Ata a próxima familias lectoras!!












mércores, 28 de xaneiro de 2026

venres, 23 de xaneiro de 2026

CLUB DE LECTURA DE POESÍA

 Esta semana, no club de lectura de narrativa, poesía e teatro, tocoulle a quenda á poesía. Lemos o libro "Animalario de ler a diario". Comentamos os poemas que máis nos gustaron, e os que nos fixeron moita gracia, como "Unha bosta de vaca tamén chamada caca". Despois elaboramos uns marcapáxinas de animais con paproflexia. Quedaron así de fermosos!





mércores, 21 de xaneiro de 2026

CLUB DE CÓMIC

 O venres tivemos a reunión do segundo grupo do club de cómic para comezar novas aventuras, nesta ocasión con Boni vs. Mono.

E hoxe tocoulle a quenda ao último equipo que levou un dos favoritos: Policán.
Falamos, rimos, compartimos ideas e sensacións… e ata tivemos tempo de facer os caleidociclos!
O tempo pasou voando (como sempre) e quedamos con ganas de máis.
Así dá gusto!











mércores, 14 de xaneiro de 2026

CLUB DE LECTURA DE INGLÉS

 Today in the second meeting of the English reading club, we worked on the book

🐔
*“ THE LITTLE RED HEN”*
This time we practised oral expression and comprehension making questions about the story and giving our opinions. Then, we organized the story in images and finally we played several games
It was very fun!!
🐔
🐈
🐷
🐭
🥧
Hoxe na segunda xuntanza do clube de lectura en inglés, traballamos o libro
🐔
“*THE LITTLE RED HEN”*.
Está vez practicamos expresión e comprensión oral facendo preguntas e dando as nosas opinións. Despois, organizamos a historia en imaxes e por último, xogamos a varios xogos. Foi moi divertido!!
🐔
🐈
🐷
🐭
🥧