Nesta última reunión do club fixemos un intercambio de cómics, así que cada participante levou para casa una nova historia para descubrir. Pero iso non foi todo, tamén sacamos o noso lado máis artístico. Cada un/unha fixo un debuxo cunha dedicatoria especial para outro/a compañeiro/a, creando pequenas obras cheas de humor e moita creatividade.
Foi un momento moi divertido no que os cómics e a amizade foron os verdadeiros protagonistas.
Na próxima reunión... continuaremos a aventura!


Ningún comentario:
Publicar un comentario