Como agasallo para disfrutar nas vacacións de Semana Santa, tendes novos episodios moi interesantes en #RadioValiño #radionabiblio
venres, 27 de marzo de 2026
xoves, 26 de marzo de 2026
LOITA CONTRA O ACOSO NA ESCOLA
Hoxe con Alba de Exeria Proxecto comenzamos a preparar os carteis para facer unha actividade dirixida a loitar contra o acoso na escola. Xunt@s podemos.
mércores, 25 de marzo de 2026
DÍA DA NARRACIÓN ORAL
O alumnado de 1º e 2º de primaria elaboraron unha estupenda fábula "O lobo e o cormorán" que representaron para todo o cole. Unha fábula cunha mensaxe clara de coidado do medio ambiente e cunha moralexa moi concreta "Para non enfermar, a natureza hai que coidar". Un boa mensaxe!!
martes, 24 de marzo de 2026
ROTEIRO POLA CONTORNA COA CRUZ VERMELLA
Dentro do proxecto interxeracional organizado pola Cruz Vermella e o Concello de Boiro, hoxe o alumnado de 5° e 6° fixemos unha das actividades previstas, o roteiro pola contorna.
luns, 23 de marzo de 2026
SEMENTA VIDA, SEMENTA FUTURO
O proxecto Sementa vida, sementa futuro chegou ao noso cole para plantar árbores autóctonas na contorna do campo de fútbol de Valiño.
DÍA DA POESÍA
Co gallo da conmemoración do #díadapoesía o alumnado de 3º e 4º de primaria elaborou uns poemas temáticos sobre as árbores moi bonitos.
martes, 17 de marzo de 2026
VISITA DA FACULTADE DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA
Esta mañá o alumnado da Facultade Óptica e Optometría veu ó cole para facerlle unhas probas ó alumnado de 3º e 4º de primaria para detectar posibles problemas visuais. O alumnado levará un informe cos resultados obtidos.
luns, 16 de marzo de 2026
ACTIVIDADE CON MARTA RÍOS
Saúdos internacionais, representacións corporais,.... Con Marta Ríos Cortés sempre o pasamos xenial! Moitas gracias pola túa visita ,vémonos en abril!
venres, 13 de marzo de 2026
CLUB DE TEATRO
No club de lectura de teatro adaptamos a obra "Animaladas" á temática do noso PDI e repartimos os papeis para poder representala. Que comece a función!
martes, 10 de marzo de 2026
RADIO VALIÑO
Temos episodio novo en #RadioValiño. Nesta ocasión a entrevista a Laura Pérez elaborada polo alumnado de 6º. Contou un montón de cousas. Escoitádea!!
NAVEGA CON RUMBO
Esta mañá o alumnado de 5º e 6º de primaria recibimos a Manuel Rodríguez Salgado, do proxecto "Navega con rumbo", que veu a falarnos sobre o bo uso das tecnoloxías, internet, redes sociais e os seus perigos, un aspecto especialmente importante hoxe en día e moi de actualidade.
luns, 9 de marzo de 2026
CONMEMORAMOS O 8M
Conmemorando o #8M tivemos a visita de Laura Pérez, técnica forestal, ilustradora e traballadora da Librería Nobel de Boiro. Cas distintas clases plantaron uns xirasois, leron uns libros, regalounos unhas ilustracións súas e desde o cole regalámoslle unha pranta e unha libreta do cole. Unha experiencia inspiradora e moi valiosa. Gracias por todo.
TRABALLAMOS CON EXERIA
En 4º curso, Alba Exeria Proxecto falounos de que coñecer as nosas emocións axúdanos a que a nosa vida sexa máis sinxela .Hoxe seguimos analizando que emocións sentimos no cole en diferentes momentos e situacións.
venres, 6 de marzo de 2026
CLUB DE CÓMIC
Nesta última reunión do club fixemos un intercambio de cómics, así que cada participante levou para casa una nova historia para descubrir. Pero iso non foi todo, tamén sacamos o noso lado máis artístico. Cada un/unha fixo un debuxo cunha dedicatoria especial para outro/a compañeiro/a, creando pequenas obras cheas de humor e moita creatividade.
RADIO VALIÑO
Novos e fantásticos episodios sobre o obradoiro de cociña infantil. Non volos perdades!!!
xoves, 5 de marzo de 2026
ENCONTRO PLAMBE
A coordinadora de biblioteca do cole está presente en Santiago no Encontro #PLAMBE (plan de mellora de bibliotecas) para todos os centros educativos galegos que forman parte desta rede.
martes, 3 de marzo de 2026
FALAMOS DE IGUALDADE COA CRUZ VERMELLA
Sesión do alumnado de 3ºEP coa Cruz Roja en Boiro dentro da iniciativa #ludieduca. Para celebrar a semana do #8M falamos de conceptos tan interesantes como a igualdade, o feminismo ou os estereotipos de xénero e reflexionamos sobre os xoguetes ou as profesións. Será verdade iso de que aos nenos só lles gusta o fútbol e a cor azul e as nenas as bonecas e a cor rosa?








































