Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25N. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de novembro de 2025

ACTO DO 25N

Plantación na parte de arriba da iglesia do Castro. Explicación dos motivos da conmemoración do calendario escolar da Xunta, plantación de 2 especies moi significativas: érbedo símbolo de renacer e da resiliencia e o espiño albar que representa o amor e espanta os malos espíritus. Gracias ó alumnado de sexto que fixeron un bo traballo e a David que nos axudou con todo. Hoxe e sempre o cole de Cabo contra a violencia machista. Ningunha máis!!! #25N #contraomachismo #ningunhamais

O alumnado de sexto tamén cantou Unha regueifa en homenaxe a todas as mulleres que sufren violencia de xénero e especialmente ás 2 mulleres galegas asasinadas este 2025.

As placas teñen un código QR onde se escoita un audio explicativo e temático elaborado polo alumnado de sexto.

Animádevos a escanealo e descubrilo.

Gracias ao departamento de medioambiente do @concelloboiro

Video

25N

Hoxe tivemos un contacontos da man A Xanela Do Maxín , que leva por título: Lúa quere viaxar a Marte. 

Unha dramatización para riscar cos estereotipos sexistas.Gracias @afalouredacabo por facelo posible. Ó alumnado encantoulles...

25N

luns, 3 de novembro de 2025

MOCHILAS VIOLETAS

 No mes de novembro, comezan a circular as mochilas violetas polo noso cole. 

Cada aula ten a súa mochila, que cada semana vai a casa de un alumno ou alumna. Dentro dela, contamos con diferentes libros e contos, cuxa temática ten como finalidade fomentar a igualdade, a non discriminación,  o respecto... con relación ao sexo/xénero.