Plantación na parte de arriba da iglesia do Castro. Explicación dos motivos da conmemoración do calendario escolar da Xunta, plantación de 2 especies moi significativas: érbedo símbolo de renacer e da resiliencia e o espiño albar que representa o amor e espanta os malos espíritus. Gracias ó alumnado de sexto que fixeron un bo traballo e a David que nos axudou con todo. Hoxe e sempre o cole de Cabo contra a violencia machista. Ningunha máis!!! #25N #contraomachismo #ningunhamais
O alumnado de sexto tamén cantou Unha regueifa en homenaxe a todas as mulleres que sufren violencia de xénero e especialmente ás 2 mulleres galegas asasinadas este 2025.
As placas teñen un código QR onde se escoita un audio explicativo e temático elaborado polo alumnado de sexto.
Animádevos a escanealo e descubrilo.
Gracias ao departamento de medioambiente do @concelloboiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario