Día completo o de hoxe: exposicións temáticas, degustación de mel, elaboración de galletas de mel, a vida dos apicultores, elaboración de velas e moitas cousas máis. Levamos regaliños para casa e recordos dun día increíble. Menuda excursión!!! Gracias Apípolis!
venres, 15 de maio de 2026
xoves, 14 de maio de 2026
CUARTO DÍA DA SEMANA CULTURAL
Día de exposicións de todo o aprendido nestas semanas.
mércores, 13 de maio de 2026
TERCEIRO DÍA DA SEMANA CULTURAL!
Terceiro día da semana cultural: beebots, mandalas, mentireiro verdadeiro, película, scape room e xogos temáticos entre outras moitas cousas. Mañá turno de exposicións sobre as letras galegas e algunha actuación sorpresa.
martes, 12 de maio de 2026
SEGUNDO DÍA DA SEMANA CULTURAL!
Segundo día da semana cultural: película temática, creación de follas con lápices 3D, obradoiro de cianotipia (pintura con cúrcuma), creación de chapas ou elaboración de bonitas bolboretas. Mañá máis e mellor!!!
luns, 11 de maio de 2026
PRIMEIRO DÍA DA SEMANA CULTURAL
Hoxe luns 11 comezou a XVIII Semana Cultural do Cole de Cabo, unha longa semana de actividades culturais: inauguración, estampación con Ambar , creación de mandalas temáticas, chapas, beebots, xantar de convivencia, teatro e actuacións musicais pola tarde. Día completiño.
xoves, 7 de maio de 2026
XVIII SEMANA CULTURAL
Vai comezar a XVIII Semana Cultural de 2025-2026!
Aquí tendes o tríptico explicativo no que se resumen as diferentes actividades que imos a levar a cabo.
venres, 21 de maio de 2021
XII SEMANA CULTURAL
Este curso, ao igual que todos os anos, celebramos a SEMANA CULTURAL, que tivo lugar do día 18 ao 21 de maio.
Como o seu nome indica, esta semana é unha semana cargada de "cultura", de actividades varias, e onde a lingua galega ten un papel protagonista.
Este curso, levamos a cabo esta actividade tendo en conta as medidas de seguridade necesarias, sen esquecernos da seguridade de alumnos e mestres, pero sen que iso nos impedise desfrutar da riqueza deste evento.
A continuación presentámosvos e describimos as diferentes actividades que levamos a cabo:
-INAUGURACIÓN DA SEMANA CULTURAL: levamos a cabo a inauguración da semana cultural, con un acto inicial, no que todos/as escoitamos as palabras da nosa directora, Lucía, Luísa, como coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e no que nos acompañou tamén un membro do concello e unha intengrante da APA.
-ARREDOR DE XELA: Nas diferentes titorías levouse a cabo un traballo de investigación sobre Xela Arias, atendendo aos diferentes niveis.
Tamén se levou a cabo co alumnado de educación primaria un PASAPALABRA, elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
-DIFERENTES VÍDEOS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO, que proxectamos ao alumnado.
-CAMIÑO DE POESÍA: nas diferentes titorías, cada alumo/a elaborou unha estrela, na cal se recollen poesías sobre o Camiño de Santiago (proxecto que estamos traballando a nivel de centro). O resultado foi unha vía láctea de estrelas, que decora o noso centro.
-OBRADOIRO DE CHAPAS: Todo o alumnado participou no obradoiro de chapas, inspiradas no Camño de Santiago, nas Letra Galegas e en Xela Arias.
-OBRADOIRO DE ARTE INFANTIL: o alumnado de educación infantil levou a cabo un obradoiro de arte, pintando sobre film.




















































































