venres, 21 de maio de 2021

XII SEMANA CULTURAL

 Este curso, ao igual que todos os anos, celebramos a SEMANA CULTURAL,  que tivo lugar do día 18 ao 21 de maio. 

Como o seu nome indica, esta semana é unha semana cargada de "cultura", de actividades varias, e onde a lingua  galega ten un papel protagonista. 

Este curso, levamos a cabo esta actividade tendo en conta as medidas de seguridade necesarias, sen esquecernos da seguridade de alumnos e mestres, pero sen que iso nos impedise desfrutar da riqueza deste evento. 

A continuación presentámosvos e describimos as diferentes actividades que levamos a cabo: 

-INAUGURACIÓN DA SEMANA CULTURAL: levamos a cabo a inauguración da semana cultural, con un acto inicial, no que todos/as escoitamos as palabras da nosa directora, Lucía, Luísa, como coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e no que nos acompañou tamén un membro do concello e unha intengrante da APA. 





-ARREDOR DE XELA: Nas diferentes titorías  levouse a cabo un traballo de investigación sobre Xela Arias, atendendo aos diferentes  niveis. 

Tamén se levou a cabo co alumnado de educación primaria un PASAPALABRA, elaborado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 

-DIFERENTES VÍDEOS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO, que proxectamos ao alumnado.

-CAMIÑO DE POESÍA: nas diferentes titorías, cada alumo/a elaborou unha estrela, na cal se recollen poesías sobre o Camiño de Santiago (proxecto que estamos traballando a nivel de centro). O resultado foi unha vía láctea de estrelas, que decora o noso centro. 


-OBRADOIRO DE CHAPAS: Todo o alumnado participou no obradoiro de chapas, inspiradas no Camño de Santiago, nas Letra Galegas e en Xela Arias. 



-OBRADOIRO DE ARTE INFANTIL: o alumnado de educación infantil levou a cabo un obradoiro de arte, pintando sobre film. 






-SABOR A CAMIÑO:  tamén plantamos nos nosos hortos. Plantamos cenorias, tomates, leitugas e pementos de padrón. 





-MÚSICA NO CAMIÑO: a música tamén ten un papel importante na nosa semana cultural, e é o eixo de varias actividades. 
Así, todos xuntos no patio, cantamos o romance de don Gaiferos e a canción "Eu quero soñar",  que ensaiamos previamente co profe Javi. 
Tamén escoitamos e bailamos música en galego, e visualizamos ao longo da mañá nas aulas o vídeo que compartiron connosco unhas pandereiteiras. 





-CONTACONTOS: o alumnado de 6º de educación primaria contoulle contos ao alumnado dos diferentes niveis.



-CHARLA "CAMIÑANDO POLAS NOSAS ORIXES". A Asociación de Amigos do Camiño acudiu ao nos cole, a impartir unha acharla, axeitada a cada nivel educativo. 

O alumnado de infantil pintou unha frecha amarela do camiño diante do noso cole, xa que por alí pasa unha ruta do Camiño de Santiago, "A orixe". 





://www.facebook.com/100023022908785/videos/934971627280259/


-KAHOOT: o alumnado dos diferentes niveis realizou kahoots na aula de informática, axeitados a cada idade, O alumnado de 6º de primaria levou a cabo tamén un "Kahoot intercentros", co alumnado de outro centro da zona. 

-PHOTOCALL: o alumnado puido sacar fotos no photocall elaborado polos mestres/as, para gardar un bo recordo desta semana e do noso traballo sobre o Camiño de Santiago. 



-"ARREDOR DE XELA", actuación de Raquel Queizás. 





-XINCANA DAS LETRAS. Levamos a cabo unha divertida xincana de actividades no noso patio, formada por actividades diversas, nas que desfrutamos moito. 












-CAMIÑOS NO TEMPO. O alumnado de primaria levou a cabo un taller de pintura, sobre os petróglifos que se atopan no Camiño de Santiago. Para isto, nun primeiro lugar, explicóuselle o que son os petróglifos. 
Empregando paos, fixeron unha representación mental destes, para logo, pasar a pintalos en papel contiuo, empregando ceras brandas. Tamén fixemos "petrógliflos inclusivos", en cadeira de rodas, con bastóns...














-XOGO DA OCA: as diferentes aulas tamén desfrutaron xogando ao coñecido "Xogo da oca", que representa o paso polo Camiño de Santiago. 


 
-DESPEDIDA DA SEMANA CULTURAL. 

Pechamos a semana cultural, facendo un balance do vivido. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario