Hoxe as nenas e nenos de 3° e 4° tivemos a sorpresa que gañamos despois de cumprir o compromiso coa lingua galega.
Que ledicia!
Hoxe as nenas e nenos de 3° e 4° tivemos a sorpresa que gañamos despois de cumprir o compromiso coa lingua galega.
Que ledicia!
Hoxe tivemos en Biblio Xocas a entrega de diplomas e un agasallo para o voluntariado de biblioteca de 5° e 6° así como a entrega de diplomas e detalle para a patrulla de Ecopatio que revisou durante todo o curso o estado dos patios nos recreos ( alumnado de 3°,4°,5° e 6°)
Grazas a todas/os por participar. Para o vindeiro curso máis e mellor.
O día de onte foi moi emocionante, fixemos acampada no cole por segunda vez (a primeira vez foi o curso pasado).
Viñeron as familias e o alumnado dos clubs de lectura e, este ano, incluimos tamén ao alumnado voluntario de biblioteca. Foi unha divertida xornada de convivencia na que xogamos vimos unha peli, ceamos, durmimos e almorzamos xuntos/as.
Animádevos á participar nas actividades da biblioteca porque ler… mola!
Hoxe tivemos unha nova visita do persoal sanitario do CHUS e da Universidade de Santiago de Compostela para seguir coas probas do Proxecto CORALS.
Xa levamos 5 anos participando neste estudio lonxitudinal para a Prevención da Obesidade Infantil. Todos os 21 participantes foron moi valentes nas analíticas demostrando un gran potencial nas actividades físicas!
O alumnado de 2° gañou o segundo premio no Festival de Cine Escolar Olloboi. Parabéns a todos e a todas polo magnífico traballo.
A asociación Amicos veu hoxe ao centro a dar unha charla ao alumnado de primaria sobre a importancia do coidado do medio ambiente e a conservación dos nosos océanos. Mediante un circuito de xogos con varias estacións o alumnado foi descubrindo de forma lúdica a importancia de coidar a nosa contorna a través da reciclaxe.
Por último fixéronlle unhas preguntas sobre o aprendido e recolleron un diploma para cada clase e para o centro. Gracias por todo Amicos
Comezamos a gravación da curta "Tempos modernos".
Ademáis de aprender a actuar, iniciámonos no mundo do audiovisual e todo o seu entramado: dirección, fotografía, guionistas, clasquetista, maquillaxe, etc...
Moitísimas grazas a Marta Ríos Cortés e Enma Blanco por implicarnos nesta marabillosa viaxe!
Viva #Olloboiro
Divertida receita de infantil...escoitadea ben que non ten desperdicio! 😅
Moito nos gusta a inocencia do noso alumnado de infantil.😍❤
Formación de Juan Ramos co alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria.
Nesta ocasión Juan empregou estratexias para poder memorizar dun xeito sinxelo. Amosoulles a chamada "curva do esquecemento" na que se ve como imos olvidando o aprendido co paso do tempo.
Como a atención é involuntaria, precisamos desenvolver técnicas que nos axuden a lembrar. Nesta ocasión, entre todas e todos, creamos unha historia enlazando palabras que previamente escribiron nun papel.
Moitas grazas polas técnicas e recursos que nos proporcionaches, agora toca poñelos en práctica!
AnhidaCoruña
Today was Rocio’s last conversation lesson with year 6. We played “two truths and a lie” to practise sentence making in past simple. She said 3 sentences about herself and students had to guess which one was false. Then, it was time for students to trick their classmates with their own sentences. They were all very engaged!
🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸🇺🇸
Hoxe foi a última clase de conversa de Rocío con 6º EP. Xogamos a “dúas verdades e unha mentira” para practicar a construción de oracións en pasado simple. Dixo 3 frases sobre si mesma e o alumnado tivo que adiviñar cal era falsa. Despois, chegou o momento de que o alumnado confundira aos seus compañeiros coas súas propias oracións. Estiveron todos/as moi paticipativos/as!
Na nosa viaxe polo mundo as nenas e nenos de 3° e 4°, paramos en Asia para facer unha degustación dos seu produtos.
Teñen sabores moi diferentes, algúns deliciosos e outros interesantes. Bo proveito!