Amosando publicacións coa etiqueta ORIENTACIÓN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ORIENTACIÓN. Amosar todas as publicacións

venres, 14 de abril de 2023

CONTACONTOS LSE

 O alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria escoitaron moi atentamente 3 contos infantís ,grazas á visita da @faxpg_galicia a través da #LSE , adaptados para persoas xordas. Esta actividade organizada polo Departamento de Orientación do centro está enmarcada no PXAD ( plan xeral anual de atención á diversidade)




O alumnado participou facendo os xestos de cada conto.

Dende aquí queremos agradecer á Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia por viren a deleitarnos con eses contos adaptados.


OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: 







venres, 31 de marzo de 2023

DIA MUNDIAL DO AUTISMO

Hoxe conmemoramos o día mundial do autismo: confeccionamos entre todo o alumnado e todo o profesorado un infinito, como símbolo da diversidade, sumándonos así a unha actividade proposta por Autismo Galicia dentro da campaña "LLAMÉMOSLO POR SU NOMBRE". 

O obxectivo desta actividade é dar visibilidade a esta condición, e axudar a comprender a diversidade que existe dentro do espectro.

O alumnado asistiu ao centro vestido de cor azul, xa que é a cor que simboliza ao TEA.




OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: 







xoves, 30 de marzo de 2023

CHARLA DE EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

 Como xa viñamos facendo en anos anteriores, levouse a cabo unha charla de educación afectivo sexual na biblioteca, para o alumnado de quinto e sexto de primaria, impartida por una enfermeira, nai dunha alumna do noso centro.







OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE: 






martes, 18 de marzo de 2014

OUTRAS DIFERENCIAS RESPECTO Á LOE:


-A educación básica abarcará:
·         a Educ. Primaria, a Secundaria Obligatoria e os ciclos de Formación Profesional Básica.

-O Goberno Central fixará:
·         As competencias básicas e os criterios de avaliación para  cada ensinanza.
·         Os contidos comúns, aos que se lles destinará o 65 %  do horario escolar nas Comunidades Autónomas con lingua cooficial –o caso de Galicia- , e o 75% nas Comunidades que non a teñan.

-Nos dous últimos cursos de Primaria, as Administracións educativas poderán ofertar unha segunda lingua estranxeira.

-O Consello Escolar perde atribucións. Seguirá participando na vida da escola pero sin capacidade para decidir, senón simplemente para estar informado.

-Os colexios que escolaricen diferenciando por sexos poderán estar subvencionados.

ALGÚNS CAMBIOS QUE INTRODUCE A LOMCE NA EDUCACIÓN PRIMARIA:


EN canto aos ciclos:
Desaparece a división en ciclos: Ata o de agora, 1º - 2º e 3º ciclo –dous cursos cada un-; de agora en diante serán seis cursos –sen ningunha división.

EN canto ás áreas:

-Desdóblase a área de Coñecemento do Medio en dúas asignaturas: Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais.
-Desaparece a área de Educación para a Cidadanía.
-A Educ. Artística (Música e Plástica) pasa a ser optativa.
-Pódese escoller entre Relixión ou Valores Sociais e Cívicos (incluso se poden elexir as dúas en detrimento dalgunha outra).

EN canto ás probas de avaliación:

-En Primaria terán carácter orientativo.
-Desaparece a avaliación de diagnóstico que se viña facendo en 4º curso e, establécense dúas avaliacións individualizadas: unha ao finalizar 3º e outra ao rematar a Etapa.
-A primeira, avaliará a competencia en comunicación lingüística e a competencia matemática. Realizarana os Centros, seguindo instruccións da Administración. O seu obxectivo é a detección precoz de dificultdes na aprendizaxe.
-A proba de final de Etapa estableceráa o Ministerio. Co resultado elaborarase un informe para as familias e para o centro no que vaia  seguir estudos o alumno.

sábado, 18 de xaneiro de 2014

XOGO E DESENVOLVEMENTO DA INTELIXENCIA



Acaban de pasar os Reis Magos por Cabo de Cruz e ben seguro que repartiron  un montón de cousas, algunhas necesarias e, outras, non tanto. O que queremos comentar aquí é o valor dos xoguetes e do xogo como parte importantísima na vida dos máis pequenos.

A través do xogo os pequenos medran, forman a súa personalidade  e aprenden a coñecer o mundo e a enfrontarse a el.

Os xogos de lóxica abren a mente; os xogos en grupo axudan á socialización, a saber perder e gañar; os de movemento axudan ao desenvolvemento motor  e ao equilibrio; os de construcións fomentan a creatividade …

Se temos en conta que  o desenvolvemento neurolóxico é maior nos primeiros anos de vida, e que o xogo contribúe a desenvolver a  intelixencia emocional, a  creatividade, a  imaxinación, a  capacidade intelectual, as  habilidades sociais … permitamos que o neno xogue e facilitemos que teña tempo para tal actividade, sen perder de vista que mentres xogan, aprenden e entretéñense.

Marisol.- Orientadora