Amosando publicacións coa etiqueta 3º CURSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º CURSO. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de xuño de 2021

PRENSA 20-21

 Unha vez máis saímos na prensa a raiz dunha saída organizada pola Cruz Vermella, co gallo do día dos océanos.

Desta vez organizouse unha saída às praias da contorna para recoller lixo. Posteriomente nas clases fíxose unha reflexión do atopado e do grave problema medioambiental que iso provoca.


BARBANZA.GAL

VOZDEGALICIA/BARBANZA

xoves, 4 de abril de 2019

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA. 1º,2º,3º E 4º CURSO

O mércores 3 de abril 1º,2º,3º e 4º curso foron visitar O Salón do Libro de Pontevedra. Viron unha obra de teatro, visitaron o casco vello de Pontevedra, disfrutaron na Illa das esculturas e tiveron unha visita guiada a través do espazo dedicado á literatura no Pazo de Cultura elaborado por distintos centros educativos.

Pincha para ver máis FOTOS

venres, 15 de xuño de 2018

Excursión 3º e 4º primaria

Para rematar coas actividades lectivas, os cursos de 3º e 4º realizaron unha excursión á Illa de Arousa, que se fixo esperar moi ansiadamente por culpa da choiva dos últimos meses.

Unha xornada completiña que comezou coa visita ao museo da conserva, e ao ascenso a un bonito mirados da Illa, e que continuou cunha boa camiñata pola beira do mar, que aínda que xa iamos cansos, conseguimos amenizar cun pouco de música e acabamos ata bailando sen sentir tanto cansancio... Por fin chegamos á praia, onde puidemos comer os nosos picnics e comprar uns xeadiños, e a xogar na praia e no auga coas pilas xa cargadas!

 






  

 



venres, 11 de maio de 2018

DÍA DA BICI

Despois dun ano entero traballando con Xoana as normas de educación vial, hoxe pola mañán démonos un paseiño en bici por Boiro para poñelas en práctica, de paso que facíamos un pouquiño de exercicio.







Saímos no xornal, fai clic AQUÍ para ver a noticia.

Podes buscarte nas FOTOS

martes, 17 de abril de 2018

DANZAS DO MUNDO

Un ano mais, o alumnado de 3º e 4º aprendimos un pouco mais sore a cultura do mundo mediante os ritmos e as danzas.


3º   Belgica   Mieke stout





3º Dinamarca 7 pasos





3º Grecia Pera stus pera campus





3º Republica Checa Zigeneurpolka





4º Israel Tzadik Katamar





4º Austria Danza Elegante





4º Rusia Danza Walenki






4º Rusia - Barinya rasipucha






xoves, 15 de febreiro de 2018

SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O luns 5 e o mércores 7 de febreiro veunos visistar unha astrofísica chamada Isa Rebollido que nos falou do seu traballo observando planetas, estrelas e outros elementos e da historia da astronomía a través de mulleres importantes no tema. Foi moi interesante!! Moitas gracias Isa.
O luns foi o turno de 1º,2º e 3º curso.








O mércores 7, foi o turno de 4º,5º e 6º. Nesta ocasión explicoulles cal era o motivo de celebración do Día da muller e a nena na ciencia e explicou o mundo da astronomía a través dos ollos de mulleres importantes nesta materia.




 



sábado, 3 de febreiro de 2018

PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

Este sábado tocou viaxar ata Coruña, sen importarnos a chuvia, para participar no campionato de campo a través provincial. 
Noraboa Elisa pola ilusión e as ganas que lle puxeches, sen importar nin as condicións do día, nin do embarrado do entorno no que tocaba correr, eres unha supercampiona, e por eso lle gañaches (pese a derrapes) a 30 rapazas da túa categoría!


 

domingo, 29 de outubro de 2017

Contacontos de Samaín

O alumnado de sexto preparou para o resto de compañeiros e compañeiras de todos os niveis,  representacions dunhas narracions propias do Samain coa pretensión de entreter e divertir. O obxectivo foi cumplido con éxito. 

Grazas ao profe e aos pupilos!!!


Por outra banda, o alumnado de 1º,2º e 3º curso de primaria disfrutaron dunha contacontos moi especial que lles contou "O noso Samaín".







xoves, 11 de maio de 2017

MERGULLÁNDONOS NO MUNDO ECOLÓXICO DA GRANXA DE XANCEDA

O alumnado de 3º e 4º curso visitaron a granxa de Xanceda na que disfrutaron dun montón de actividades e proba delo é a seguinte reportaxe fotográfica.






martes, 9 de maio de 2017

AS EMOCIÓNS. 3º CURSO

O alumnado de 3º curso traballou as emocións a través da lectura de contos. Nesta ocasión a titora explicoulles "Te quiero, casi siempre".




xoves, 4 de maio de 2017

XOGAMOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

O alumnado de 1º,2º,3º e 4º curso, estiveron traballando co reciclaxe na materia de educación física. 
Despois de coñecer e practicar un montón de xogos nos que se empregaban sempre materiais que buscábamos reutilizar, rematamos o tema fabricando un xoguete para levarnos para casa, dándolle unha segunda oportunidade a algunhas cousas, que xa cumpliran a súa misión e que íamos tirar á basura.