Ata o 16 de xuño pode visitarse na Casa da Cultura de Boiro, a mostra "Boiro visto polos nenos/as e mozos/as" que realizou o grupo de traballo das bibliotecas escolares e municipal.
mércores, 8 de xuño de 2022
MOSTRA DO GRUPO DE TRABALLO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E MUNICIPAL
luns, 6 de xuño de 2022
FINALISTAS OLLOBOI 2022
O venres 10 de xuño, terá lugar a gala cineforum e entrega do premios do audiovisual galego OLLOBOI 2022. O noso cole é finalista co vídeo "O MARIÑEIRO E AS MEIGAS", un traballo realizado polo alumnado de 3º de primaria, unha breve lenda que narra o que acontecía pola noite, fai moitos anos, no porto de Cabo de Cruz.
Sorte a todos/as os/as finalistas!!!!
CONTOS INTERCENTROS
Hoxe rematamos o intercambio de contos intercentros. A profe de inglés do noso cole foille ler ao alumnado de primeiro ciclo de primaria do Ceip de Portosín: "Mixed" de Arree Chung e "Shark in the Park on a Windy Day" de Nick Sharratt. O primeiro fala das coles primarias, secundarias e terciarias, da diversidade e do bonito que é mesturarse, en lugar de vivir separados/as. No segundo, Timothy Pope mira a través do seu "telescope" (anteollo, "catalejo" en castelán) na procura dun tiburón! Timothy atopa toda clase de cousas en lugar deste temible animal. Como actividade final, o alumnado debuxou outras cousas que podían dar lugar á mesma confusión: bruxas, un rinoceronte, un avión, unha grampadora... un cento de opcións! Foi un placer desfrutar da lectura cos nenos e nenas de Portosín!
venres, 27 de maio de 2022
FORMACIÓN ÁS FAMILIAS A CONTAR CONTOS
O venres 27 de maio a biblioteca do noso colexio en colaboración coa Biblioteca Municipal de Boiro, realizou un obradoiro de "Iniciación aos contacontos" para as familias, dentro do programa CONTANDO COA FAMILIA. Da man de Marta Ríos Cortés desenvolvemos un obradoiro práctico, onde aprendemos técnicas que nos axudan a mellorar á hora de contar os contos nas nosas casas, facendo deste momento tan familiar, algo un chisquiño máis especial.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
luns, 23 de maio de 2022
SEGUNDO MERCADO DA BIBLIO
Durante esta semana celebramos o segundo mercado da biblio deste curso, no que o alumnado pode intercambiar os bibliopuntos do seu pasaporte de lectura, conseguidos nas súas lecturas durante o curso, por estes artículos. Con esta actividades pechamos a biblio este curso. Agardámosvos o vindeiro curso, con novidades, sorpresas e actividades motivadoras cara a lectura.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
SEMANA CULTURAL 2022
Comezamos a nosa particular SEMANA CULTURAL (este é un vídeo resumo), este ano basada na temática do proxecto de centro V Centenario da primeira Volta ao Mundo de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, vinculada tamén ao escritor homenaxeado das Letras Galegas, FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. A Semana Cultural desenvolveuse arredor dos días 18, 19 e 20 de maio. A continuación deixamos unha mostra das actividades que se levaron a cabo.
INAUGURACIÓN DA SEMANA CULTURAL: Apertura da Semana cunhas breves palabras da coordinadora de Dinamización Lingüística, coa visita da nosa concelleira de Cultura do Concello de Boiro, co recitado do Poema a Volta ao Mundo, coa música da man das Pandereteiras Rebuldeiras e co Rap de Álex, un antigo alumno que nos ensinou as súas técnicas á hora de compoñer música.
A Semana Cultural distribúese ao alumnado e profesorado por diferentes obradoiros, nos que aprendemos diferentes coñecementos e técnicas do proxecto a desenvolver, de maneira que roten e todo o alumnado fai a mesma actividade pero en diferente horario. Para iso hai que ter unha moi boa organización do traballo a realizar, tanto de espazos coma de tempos. Dita isto, imos alá coas actividades/obradoiros a levar a cabo:
OBRADOIRO DE CHAPAS:
O alumnado de infantil decoraba un modelo xa dado, mentres que o alumnado de primaria plasmaba plasticamente coñecementos adquirirdos sobre a Volta ao Mundo.
XOGOS DO MUNDO:
Actividade na que investigamos e levamos a cabo xogos de diferentes partes do mundo.




























.jpeg)





















