luns, 23 de maio de 2022

SEMANA CULTURAL 2022

 Comezamos a nosa particular SEMANA CULTURAL (este é un vídeo resumo), este ano basada na temática do proxecto de centro V Centenario da primeira Volta ao Mundo de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, vinculada tamén ao escritor homenaxeado das Letras Galegas, FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. A Semana Cultural desenvolveuse arredor dos días 18, 19 e 20 de maio. A continuación deixamos unha mostra das actividades que se levaron a cabo.

INAUGURACIÓN DA SEMANA CULTURAL: Apertura da Semana cunhas breves palabras da coordinadora de Dinamización Lingüística, coa visita da nosa concelleira de Cultura do Concello de Boiro, co recitado do Poema a Volta ao Mundo, coa música da man das Pandereteiras Rebuldeiras e co Rap de Álex, un antigo alumno que nos ensinou as súas técnicas á hora de compoñer música.




A Semana Cultural distribúese ao alumnado e profesorado por diferentes obradoiros, nos que aprendemos diferentes coñecementos e técnicas do proxecto a desenvolver, de maneira que roten e todo o alumnado fai a mesma actividade pero en diferente horario. Para iso hai que ter unha moi boa organización do traballo a realizar, tanto de espazos coma de tempos. Dita isto, imos alá coas actividades/obradoiros a levar a cabo:

OBRADOIRO DE CHAPAS: 

O alumnado de infantil decoraba un modelo xa dado, mentres que o alumnado de primaria plasmaba plasticamente coñecementos adquirirdos sobre a Volta ao Mundo.


XOGOS DO MUNDO: 

Actividade na que investigamos e levamos a cabo xogos de diferentes partes do mundo.


ARTE ESPECIA(L):

Traballamos as especias, pois a procura dunha ruta alternativa para chegar a elas foi o que dou orixe á primeira volta ao mundo. A idea foi manipular diferentes especias, tocar, ulir...e mesturalas facendo creacións artísticas con escuma de afeitar para os máis pequenos/as e para os de primaria facer mandalas con especias e outros elementos da natureza.


ARTISTEANDO: O alumnado de infantil, coa colaboración da Asociación ÁMBAR realizaron un mural en formato papel pintando cos pés, e o alumnado de primaria fixo o seu mural nas paredes do patio, compartindo pintura con membros da dita asociación.



OBRADOIRO DE NÓS MARIÑEIROS:

O alumnado investigou cómo facer nudos mariñeiros e da súa importancia para a navegación.


OBRADOIRO DE ESTRELAS:

A navegación guidada por estrelas era habitual no século XVI , así que achegamos ao alumnado a este sistema para dar a coñecer as principais constelacións.


LINGUA-TEIROS:

O obxectivo deste obradoiro é que o alumnado se familiarizase con outras linguas do mundo, xa que na propia expedición falaban en diferentes idiomas (castelán, portugués, italiano...). Confeccionamos unha baralla con imaxes e o alumnado foi collendo tarxetas co nome desa imaxe en diferentes linguas.


SCAPE SHIP:

Fixemos o noso particular SCAPE ROOM a bordo dunha das naos de Magallanes. O alumnado só puido abandonar o barco cando chegou a destino, para iso tivo que resolver varias probas ou enigmas.



MUNDO VEXETAL:

A volta ao mundo e outras grandes exploracións deron orixe á introducción de novos cultivos e plantacións. Plantamos nos hortos varias sementes.


O MENTIREIRO/ VERDADEIRO:

Dividimos ao alumnado en dous equipos, cada un dos cales tentou conseguir o maior número de respostas acertadas. O profesorado formou parte dun xurado e formulouse unha pregunta, relacionada coa volta ao mundo (instrumentos de navegación, produtos de orixe local ou foránea...) e o xurado dou varias opcións de resposta tentando enganar ao alumnado tendo que elexir unha.



AFUNDIR A FROTA: 

Fixemos unha adaptación deste popular xogo de estratexia. O alumnado distribuíuse en diferentes naos (nas cinco da expedición) e os adversarios tentarán afundilas.



XINCANA : 

Coa temática do proxecto fixemos unha xincana polo patio, con diferentes niveis de dificultade segundo a idade dos participantes, baseada na lectura de contos/libros relacionados coa volta ao mundo.



OBRADOIROS DE TATUAXES. Debuxamos a silueta de varios compañeiros/as e cubrímola de tatuaxes. Inspirámonos na tribo dos visayos. Na illa de Mactán, habitada por dita tribo, os españois loitaron nunha terrible batalla que resultou na morte de Magallanes. 




EXPOSICIÓN DO ALUMNADO:

Exposición de traballos do alumnado do autor homenaxeado polas Letras Galegas (Florencio Delgado Gurriarán) e de traballos de investigación sobre o proxecto vertebrador do centro (1ª Volta ao Mundo).



CONTACONTOS: "CONTOS DO MUNDO"

Afondamento de contos de diferentes países do mundo, co obxectivo de achegar diferentes culturas ao alumnado.


SAÍDA AO ASTALEIRO DA ZONA:

Fixemos unha saída ao astaleiro próximo para que o alumnado coñecese de primeira man cómo se fai unha embarcación tradicional, así como as diferencias que hai coa construcción das novas.




                    OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:

                         

























Ningún comentario:

Publicar un comentario