No club de lectura de inglés, desfrutamos doutro libro de "Pete the cat". Neste libro, "Super Pete", o gato máis carismático, transfórmase en superheroe e captura a dous ladróns. Nós tamén nos convertemos en superheroes, sen esquecer o antifaz, a capa e escollendo un ou dous superpoderes.
martes, 18 de abril de 2023
luns, 28 de novembro de 2022
CLUBS DE LECTURA MODO ON!!!!
Esta semana dan comezo os 3 grupos dos CLUBES DE LECTURA. Un con temática de cómic/manga, outro de narrativa e outro de inglés. Estamos convencidas de que vai ser un éxito!!!!
Repartiuse ao alumnado participante, o material que van empregar en dita actividade, que constará de:
- Unha bolsa serigrafiada co noso nome do club de lectura "CASTROLEO".
- Un caderno para facer anotacións.
- Un bolígrafo.
- Un marcapáxinas.
- Un calendario.
luns, 6 de xuño de 2022
CONTOS INTERCENTROS
Hoxe rematamos o intercambio de contos intercentros. A profe de inglés do noso cole foille ler ao alumnado de primeiro ciclo de primaria do Ceip de Portosín: "Mixed" de Arree Chung e "Shark in the Park on a Windy Day" de Nick Sharratt. O primeiro fala das coles primarias, secundarias e terciarias, da diversidade e do bonito que é mesturarse, en lugar de vivir separados/as. No segundo, Timothy Pope mira a través do seu "telescope" (anteollo, "catalejo" en castelán) na procura dun tiburón! Timothy atopa toda clase de cousas en lugar deste temible animal. Como actividade final, o alumnado debuxou outras cousas que podían dar lugar á mesma confusión: bruxas, un rinoceronte, un avión, unha grampadora... un cento de opcións! Foi un placer desfrutar da lectura cos nenos e nenas de Portosín!
venres, 22 de abril de 2022
EXPOSICIÓN DE DEBUXOS PAISAXÍSTICOS DE BOIRO
As bibliotecas dos centros de ensino de Boiro, por iniciativa da biblioteca municipal, participaremos nunha exposición de debuxos con paisaxes de Boiro. Estas son só algunhas das propostas do noso alumnado de 5º e 6º de EP, feitas en plástica na sección bilingüe. Aprendemos un pouquiños sobre perspectiva e cor. Empregamos lápices de cores, ceras brandas e duras e bolígrafo de punta fina. Adiviñades onde se atopa cada paisaxe?
Boiro´s school libraries, under the municipal library´s iniciative, will take part in an exhibition of drawings of Boiro´s landscapes. These are just some of the proposals of our year 5 and 6 students, made in Arts & Crafts in the bilingual section. We learned a little bit about perspective and colour. We used coloured pencils, soft and hard crayons, and a fine-tipped pen. Can you guess where each landscape is?
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
martes, 15 de marzo de 2022
OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN
Grazas ao concello e á biblioteca municipal de Boiro, o alumnado da sección bilingüe puido desfrutar dunha lección maxistral da man (e lapis) de RODRIGO CHAO.
Falounos da profesión de ilustrador e ensinounos a darlle volume, perspectiva e movemento a diferentes personaxes. Grazas Rodrigo!!!!
A actividade foi tan enriquecedora que será ampliada ao resto do alumnado de primaria do centro.
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
venres, 5 de marzo de 2021
DR. SEUSS
Do 1 ao 5 de marzo adicamos esta semana na bilbioteca a tratar a Dr. Seuss.
Decidimos, que de agora en diante imos adicar unha semana de cada curso escolar a un autor anglosaxón. Este ano tocu Dr. Seuss., de nacionalidade norteamericana. Eliximos esta semana porque coincidía co día do seu nacemento, que é o Día da Lectura nos Estados Unidos (na súa honra).
Dr Seuss escribiu e ilustrou libros infantís protagonizados por persoaxes súper orixinais e cunha chea de rimas divertidísimas. As películas do Grinch están baseadas na súa obra.
Preme no vídeo para coñecer máis sobre este autor tan extravagante.
Lemos varios libros del:
-O alumnado de infantil desfrutou coas rimas que contrapoñían termos opostos e estaban recollidas no libro "The Foot Book".
-Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria quedaron un pouco confundidos tras a lectura de "What Pet Should I Get?".
-Se cadra, o que máis éxito tivo foi "Green Eggs and Ham", elixido para 3º e 4º de Educación Primaria, no que un dos pesoaxes principais se nega repetidas veces a probar un plato tan extravagante como son os ovos verdes con xamón. FInalmente, tras tanta insistencia, accede a probalos e descobre que están moi ricos!
Finalmente, os alumnos e alumnas de 5º e 6º escoitaron "Oh, the Places You´ll Go!" que, pese a tratarse dun libro infantil, é un regalo clásico en Norteamérica aos graduados universitarios por expoñer de xeito abstracto as dificultades coas que se toparán ao longo das súas vidas.
venres, 18 de decembro de 2020
CONTACONTOS "THE ELF ON THE SHELF" E DECORACIÓN DE NADAL NA BIBLIOTECA
O NADAL 🎄🎅 achégase, e por iso, levamos a cabo na biblioteca varias actividades relacionadas con esta época do ano que tanto nos gusta e emociona.
Levamos a cabo o contacontos do libro "The Elf on the Shelf", en lingua inglesa, acompañados pola teacher Violeta.
Despois de escoitar este divertido conto e comprendelo, cada día tiñamos que atopar o elfo, que se escondía nos diferentes recantos da nosa bilioteca. Que ben o pasamos!
Ademais, levamos a cabo a realización de diferentes manualidades navideñas, para decorar a nosa biblioteca. Que vos parece? Nos cremos que quedou xenial!!🎄🎅🎄🎅

































