venres, 5 de marzo de 2021

DR. SEUSS

Do 1 ao 5 de marzo adicamos esta semana na bilbioteca a tratar a Dr. Seuss. 

Decidimos, que de agora en diante imos adicar unha semana de cada curso escolar a un autor anglosaxón. Este ano tocu Dr. Seuss., de nacionalidade norteamericana. Eliximos esta semana porque coincidía co día do seu nacemento, que é o Día da Lectura nos Estados Unidos (na súa honra). 

Dr Seuss escribiu e ilustrou libros infantís protagonizados por persoaxes súper orixinais e cunha chea de rimas divertidísimas. As películas do Grinch están baseadas na súa obra. 

Preme no vídeo para coñecer máis sobre este autor tan extravagante. 

Lemos varios libros del: 

-O alumnado de infantil desfrutou coas rimas que contrapoñían termos opostos e estaban recollidas no libro "The Foot Book".

-Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria quedaron un pouco confundidos tras a lectura de "What Pet Should I Get?"

-Se cadra, o que máis éxito tivo foi "Green Eggs and Ham", elixido para 3º e 4º de Educación Primaria, no que un dos pesoaxes principais se nega repetidas veces a probar un plato tan extravagante como son os ovos verdes con xamón. FInalmente, tras tanta insistencia, accede a probalos e descobre que están moi ricos!

Finalmente, os alumnos e alumnas de 5º e 6º escoitaron "Oh, the Places You´ll Go!" que, pese a tratarse dun libro infantil, é un regalo clásico en Norteamérica aos graduados universitarios por expoñer de xeito abstracto as dificultades coas que se toparán ao longo das súas vidas. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario