venres, 12 de marzo de 2021

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O día 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. 



Dende a biblioteca do centro levamos a cabo diferentes actividades para tratar este día e o seu significado co noso alumnado: 

-Exposición de libros sobre mulleres

-Xogos con imaxes de mulleres célebres e a súas aportacións á humanidade; memory e xogo do pano





-Charla da actriz boirense Marta Ríos. Non puidemos facela de xeito presencial debido ás medidas tomadas con respecto ao COVID, polo que Marta nos preparou un vídeo moi chulo. 





- O alumnado de 4º, 5º e 6º de educacion primaria foi e volveu andando á Casa da Cultura da Cachada a ver un espectáculo sobre a orixe do cine, "Historias de cinema" de Raquel Queizás. O resto do alumnado veu o espectáculo en streaming (por internet). Este espectáculo ten o seus significado a que a nao do cinema foi unha muller: Alice Guy. Foi unha pioneira, borrada da historia por ser muller. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario