Amosando publicacións coa etiqueta biblioxocas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioxocas. Amosar todas as publicacións

sábado, 27 de xuño de 2026

FESTA FINAL DO ALUMNADO DOS CLUBS DE LECTURA E VOLUNTARIADO DA BIBLIO

 O venres 19 de xuño foi un día moi emocionante, como xa ven sendo tradición fixemos acampada no cole.


Viñeron as familias e o alumnado dos clubs de lectura e tamén o alumnado voluntario de biblioteca. Foi unha divertida xornada de convivencia na que xogamos vimos unha peli, ceamos, durmimos e almorzamos xuntos/as. 


Animádevos á participar nas actividades da biblioteca porque ler… mola!















luns, 1 de xuño de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Extra extra...xa temos aquí as recomendacións lectoras para o verán...botádelle un ollo a ver qué vos parecen, están sacadiñas do forno.





PECHE DA BIBLIOTECA

 Hoxe, como todos os cursos, pechamos a biblioteca recompensado ó alumnado participante nos proxectos da biblioteca.

-Participación de voluntariado de biblioteca de quinto e sexto e entrega de diplomas, animaron ó resto do alumnado a ser voluntaria ou voluntario da biblioteca.
-Entrega de diplomas e agasallos da Patrulla planeta que vixian e recollen lixo nos recreos para que o noso centro estea ben limpo e bonito. Alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto.
Todo un éxito de participación!!!!










mércores, 27 de maio de 2026

MERCADILLO NA BIBLIO!

 Semana de Mercadillo na Biblio, na que o alumnado cambia os puntos do pasaporte lector por agasallos. Unha boa maneira de pechar a nosa Biblioxocas ata o vindeiro curso.

Recordade devolver os libros de préstamo!














xoves, 7 de maio de 2026

FORMACIÓN DE RADIO PARA O ALUMNADO

 Hoxe tivemos formación de radio no cole. Demos os nosos primeiros pasos neste apaixonante mundo. Aprendemos cuestións básicas e a importancia da voz e como comunicar dunha maneira clara e entretida. Foi unha experiencia moi divertida, dinámica e práctica, na que puidemos participar activamente e perder un pouco os nervios. Sen dúbida, quedamos con ganas de seguir aprendendo e creando novos programas. Grazas Diego.








mércores, 6 de maio de 2026

CLUB DE LECTURA DE INGLÉS

 Nesta ocasión, no club de lectura de inglés traballamos co libro "Mr Wolf´s pancakes". 

Gustounos moito esta historia! E para rematar, prepraramos unhas sabrosísimas "pancakes"! 

Pois si que o pasamos ben nos clubs de lectura!
















CLUB DE CÓMIC

 Nova reunión do club de cómic, nesta ocasión tocoulle a quenda ao grupo de 5°.

Elaboramos bonitos chaveiros!