Amosando publicacións coa etiqueta pfpp. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pfpp. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de abril de 2026

FORMACIÓN OAOA

 Nova xornada de formación do profesorado en OAOA. Gracias Juan por ensinarnos tanto. Un pracer.

A estadística ensinada con chocolate moito mellor
😋






mércores, 25 de febreiro de 2026

FORMACIÓN OAOA

 Este mércores 25 tocou formación #oaoa .

Falamos de estatística e probabilidade e as súas aplicacións na nosa vida diaria.

Manipulando aprendemos máis e mellor.
Moitas gracias Juan, vémonos en quince días!!




martes, 13 de xaneiro de 2026

CHARLA SOBRE DISLEXIA

 Interesante charla sobre Dislexia a que tivemos hoxe no centro: estadística, historia e evolución da definición de dislexia, áreas do cerebro implicadas, síntomas de alerta, pautas para a identificación por parte das familias, detección precoz, deberes e dereitos das familias, realidades e mitos e sobre todo pautas xerais de intervención na casa. Gracias Esther e Sonia por esta charla tan motivadora e tan realista pero sobretodo gracias ás familias asistentes. Entre a escola e familia trataremos de dar unha resposta educativa de calidade o alumnado con dislexia do centro.






xoves, 23 de outubro de 2025

SESIÓN DE TÉCNICAS DE ESTUDO

Hoxe tivemos unha nova sesión con Sonia para traballar técnicas de estudo.  

Falamos da importancia de organizar ben o noso tempo e para iso é importante organizar moi ben a nosa axenda. 

Grazas Sonia polos teus consellos.

(Asociación Galega de Dislexia)