Os equipos de biblioteca do cole de Cabo e do CEIP Santa Baia elaboraron uns cromos de mulleres e homes científicas/os para difundir por todas as comunidades escolares do concello de Boiro. O alumnado poderá obter un cromo por cada libro lido. #11F #bescolaresgal #plambe #ocoledecabomola Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia
xoves, 16 de marzo de 2023
mércores, 16 de novembro de 2022
EXPERIMENTOS NA BIBLIO
luns, 1 de marzo de 2021
11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O 11 de febreiro vimos celebrando como nestes últimos anos o Día internacional da muller e a nena na ciencia. Este é un compromiso que decidimos levar a cabo a prol dun coñecemento científico no ámbito escolar e moi especialmente desde un enfoque feminista.
Este curso o alumnado foi moi afortunado por poder elaborar unha serie de preguntas á gran científica Sonia Villapol que levou fóra das nosas fronteiras ese gran talento que posúe.
No seguinte enlace podedes ver o video-resposta que nos mandou dende Nova York.
Moitísimas gracias polo detalle SONIA VILLAPOL
E gracias á profe Conchi por facelo posible.
luns, 9 de novembro de 2020
ESCAPE ROOM CIENTIFÍCO
No mes de novembro conmemoramos o Mes da Ciencia nas Bibliotecas 💥💫💉, polo que levamos a cabo na nosa biblioteca un escape room, titulado "O rapto da mascota da biblio".
Neste vídeo explícasenos o que sucedeu coa nosa mascota Arcoiris 🐦🌈, e os pasos que temos que seguir para conseguir salvala!
O que máis nos axudará para conseguir o noso propósito é coñecer a nosa biblioteca e os seus diferentes espazos, así como o traballo en equipo 🙌
Os nenos e nenas pasárono xenial nesta actividade!
Credes que conseguiron o seu obxectivo??






























