Xornada de Festival no Centro social de Cabo. Todo un espectàculo. Gracias a todo o alumnado, profesorado, afa, familias e sobre todo ao noso profe de música.
venres, 19 de decembro de 2025
FESTIVAL DE INVERNO
venres, 19 de maio de 2023
AS LETRAS GALEGAS E FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
Ao longo da nosa SEMANA CULTURAL tamén afondamos na figura do escritor homenaxeado este ano: Fancisco Fernández del Riego.
Para iso, o alumnado levou a cabo diferentes actividades, das que vos deixamos un resumo:
-Cartel das Letras Galegas 2023: elaboramos un cartel de presentación, co nome do homenaxeado.
-Taller de caricaturas: o alumnado realizou caricaturas de Francisco Fernández del Riego. Encántanos o resultado!
-Traballamos a técnica plástica do puntillismo, empregando como base un debuxo coa cara do autor. Como desfrutamos!
-Coñecemos a del Riego a través dos inventos (en relación co PDI do centro, "Inventores, inventoras e inventos") e do teatro.
-Xogamos coa aplicación Kahoot!, tendo que dar resposta a preguntas relacionadas coas Letras Galegas 2023. Canto sabes sobre isto?
-Levamos a cabo un obradoiro de chapas sobre as letras galegas e a semana cultural, que decoramos ao noso gusto.
martes, 21 de marzo de 2023
DÍA DA POESÍA: ANXOS CASTRO PARADA
Hoxe celébrase o día da poesía, e que mellor que invitar ao cole a unha poetisa da nosa terra, como é ANXOS CASTRO PARADA.
A rapazada de cuarto, quinto e sexto, preparou, con moita ilusión, a súa visita.
O alumnado de sexto fixéronlle unha entrevista, o de cuarto agasallárona con poemas elaborados a partires doutros da autora, fusionando así poemas con outra escritora galega como foi Rosalía de Castro.
O fin de festa estivo a cargo do alumnado de quinto, que recitaron e lle puxeron música aos seus versos.
Grazas Anxos, por ser inspiración.
venres, 17 de marzo de 2023
XORNADAS ESPAZO FAMILIAS
Chegan un ano máis as xornadas de EspazoFamilias organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título: A Mellora da Comunicación Familiar.
Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un diálogo cos asistentes onde a voz das familias será a protagonista. Sodes vós os que compartades experiencias, intercambiedes erros e acertos ou expresedes as vosas dúbidas (como establecer límites, como axudar aos nosos nenos/as a manexar a frustración, adiccións, saúde mental,etc.)
Por outra banda introdúcese unha novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar e é que incluimos á rapazada como parte fundamental destas xornadas. Deste xeito, os días 22 de marzo, 12 de abril e 26 de abril programamos actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar:
Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións
Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
Xaime Bello (Proxecto Turbina)
Adolescentes a partir de 13 anos
Alba Pérez (Educadora Social)
Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos
Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace:
https://espazofamilias.org/reserva/
As demáis actividades non precisan de reserva.
Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril
Hora: 18.00h-20.00h
Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!!
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
mércores, 8 de marzo de 2023
8M: INVENTOS AO LONGO DA HISTORIA
Co gallo da celebración do 8 de Marzo, tivemos un faladoiro na biblioteca. Viñeron 8 mulleres do obradoiro de memoria da Cruz Vermella. Como o noso proxecto anual de centro son os inventos faláronnos da televisión, amasadora, lavadora, radio, teléfono, ordenador, aspiradora, calefacción contra lareira e moitas historias.
O alumnado participou moi activamente facendo preguntas.
Foi toda unha experiencia! Gracias por vir!
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:
xoves, 23 de febreiro de 2023
INVENTAMOS POEMAS PARA ROSALÍA
O alumnado de todas as aulas plantou pensamentos na entrada do cole e inventou poemas para pegar nas estrelas da entrada na honra de Rosalía de Castro. Tamén leron as súas creacións a través da megafonía do cole para compartir con todo o centro.
Rosalía de Castro está moi viva no cole de Cabo.
mércores, 15 de febreiro de 2023
FORMACIÓN DO PROFESORADO NO PLAN DIXITAL
O profesorado do noso centro estase formando para poñer en marcha a radio na escola, e tamén volver a retomar a revista escolar "A BENZA".
Formación da revista escolar
OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:












.png)






.jpeg)

























