venres, 19 de maio de 2023

AS LETRAS GALEGAS E FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

 Ao longo da nosa SEMANA CULTURAL tamén afondamos na figura do escritor homenaxeado este ano: Fancisco Fernández del Riego. 

Para iso, o alumnado levou a cabo diferentes actividades, das que vos deixamos un resumo: 

-Cartel das Letras Galegas 2023: elaboramos un cartel de presentación, co nome do homenaxeado. 


-Taller de caricaturas: o alumnado realizou caricaturas de Francisco Fernández del Riego. Encántanos o resultado!


-Traballamos a técnica plástica do puntillismo, empregando como base un debuxo coa cara do autor. Como desfrutamos!




-Recreamos carteis: 



-Coñecemos a del Riego a través dos inventos (en relación co PDI do centro, "Inventores, inventoras e inventos") e do teatro. 



-Xogamos coa aplicación Kahoot!, tendo que dar resposta a preguntas relacionadas coas Letras Galegas 2023. Canto sabes sobre isto?  

                                                     

                                                        PROBA!!!





                  

-Levamos a cabo un obradoiro de chapas sobre as letras galegas e a semana cultural, que decoramos ao noso gusto. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario