Amosando publicacións coa etiqueta experimentos na biblio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta experimentos na biblio. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de novembro de 2026

MES DA CIENCIA: EXPERIMENTOS

 Seguimos gozando coa ciencia na biblioxocas... Hoxe tivemos a oportunidade de descubrir o que ocorre cando mesturamos líquidos de distintas densidades!





MES DA CIENCIA: EXPERIMENTOS

 Seguimos cos experimentos na biblio!

Onte tocou a quenda de “Tinta invisible”.
Para realizar o experimento, estas alumnas mesturaron por un lado auga cunha cullerada de bicarbonato de sodio, e por outro lado, alcohol cunha cullerada de curry. Logo, cun pincel, mollando na auga con bicarbonato, fixeron un debuxo. Unha vez seco, pintárono coa segunda mestura, e voilà! Aquí tendes o resultado!






martes, 10 de novembro de 2026

MES DA CIENCIA:EXPEERIMENTOS

 Novembro é o Mes da Ciencia na Biblioteca e hoxe deron comezo os experimentos científicos preparados polo alumnado de 4º, 5º e 6º .

O experimento de hoxe leva por título: TINTA FANTASMAGÓRICA.
Unha actividade chea de curiosidade, aprendizaxe e moita ciencia!
Como sempre, todo un éxito!
👏👏👏
Parabéns a todos e todas polo traballo, a ilusión e as ganas de experimentar!








venres, 7 de novembro de 2025

MES DA CENCIA -EXPERIMENTOS

O mes de novembro é o mes da ciencia e na biblioteca levaos a cabo unha chea deles, que vos imos ir ensoñando.

 Comezaron unhas compañeiras de 6°, co seu experimento Sorpresa, co que fixeron unha area màxica.




“Densidade entre líquidos”



“Volcán de escuma”




“Cocacola explosiva “


“Agua de cores”



“Impermeabilidade da canela “ e “volcán”



“O globo que se incha só”




E algún máis!

Esperamos que vos gustasen!