luns, 1 de marzo de 2021

11F: DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

O 11 de febreiro vimos celebrando como nestes últimos anos o Día internacional da muller e a nena na ciencia. Este é un compromiso que decidimos levar a cabo a prol dun coñecemento científico no ámbito escolar e moi especialmente desde un enfoque feminista.

Este curso o alumnado foi moi afortunado por poder elaborar unha serie de preguntas á gran científica Sonia Villapol que levou fóra das nosas fronteiras ese gran talento que posúe.

No seguinte enlace podedes ver o video-resposta que nos mandou dende Nova York.

Moitísimas gracias polo detalle SONIA VILLAPOL

E gracias á profe Conchi por facelo posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario