luns, 6 de xuño de 2022

CONTOS INTERCENTROS

 Hoxe rematamos o intercambio de contos intercentros. A profe de inglés do noso cole foille ler ao alumnado de primeiro ciclo de primaria do Ceip de Portosín: "Mixed" de Arree Chung e "Shark in the Park on a Windy Day" de Nick Sharratt. O primeiro fala das coles primarias, secundarias e terciarias, da diversidade e do bonito que é mesturarse, en lugar de vivir separados/as. No segundo, Timothy Pope mira a través do seu "telescope" (anteollo, "catalejo" en castelán) na procura dun tiburón! Timothy atopa toda clase de cousas en lugar deste temible animal. Como actividade final, o alumnado debuxou outras cousas que podían dar lugar á mesma confusión: bruxas, un rinoceronte, un avión, unha grampadora... un cento de opcións! Foi un placer desfrutar da lectura cos nenos e nenas de Portosín!


Neli, mestra no CEIP de Portosín e nai dun alumno do noso centro, comezou o intercambio de contos intercentros. Aproveitando que o Samaín celebrábase por aquelas datas, relatoulles ao alumnado de 4º EP , un conto de tradición oral sobre a Santa Compaña. Que entretido pero que medo tamén! Moitas grazas pola súper visita, Neli!!






OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE:


   





Ningún comentario:

Publicar un comentario