xoves, 14 de maio de 2026

CUARTO DÍA DA SEMANA CULTURAL

 Día de exposicións de todo o aprendido nestas semanas.

Primeiro curso contou a vida do lobo, segundo falou sobre o cormorán moñudo, terceiro as lendas a moura e a coca , cuarto o nubeiro e a meiga (fixeron unhas bolsas personalizadas co ser mitolóxico favorito),quinto historia da xesta e do polbo e preguntas ó público para ver de estivo atento e sexto pequenas obras de teatro: as maravillas do dente de León e can de palleiro só lle falta falar ou non.
Un gran traballo!!!
Despois do recreo tivemos o conto de Iseo a moura. Contounos a historia de Flora e seu pai Berto na fraga da Raposeira e o incendio no Monte do Galo e a importancia de coidar a biodiversidade da nosa terra galega. Foi máxico!!
Menudo remate de semana cultural nos falta. Mañá excursión a Apípolis !!!
💪🏼







Ningún comentario:

Publicar un comentario