Dentro do proxecto interxeracional organizado pola Cruz Vermella e o Concello de Boiro, hoxe o alumnado de 5° e 6° fixemos unha das actividades previstas, o roteiro pola contorna.
Persoal do Concello, usuarios da Cruz Vermella e un exmestre acompañáronnos a distintos lugares da parroquia explicándonos como eran eses sitios, usos e a transformación que sufriron ao longo dos anos.
Pasámolo xenial e ata tivemos tempo de pasear pola praia. Grazas a todas e todos.



Ningún comentario:
Publicar un comentario