Hoxe con Alba de EXERIA PROXECTO traballamos a cohesión do grupo a través dunha actividade moi especial. Creamos entre todas/os a nosa propia árbore de Nadal, decorámola con ilusión, creatividade e compañeirismo.
Cada un deixou unhas bonitas palabras na parte de atrás dos adornos. Ademais, na árbore escribimos o que nos fai sentir estar xuntas/os: cariño, empatía, amizade...
De esta forma, comprendemos que cada un/unha de nós aporta algo único para que o grupo funcione e medre unido.





Ningún comentario:
Publicar un comentario