Queremos amosarvos como temos organizados os recursos na nosa biblioteca.
Consideramos que seguindo unha orde e criterios comúns, é moito máis fácil para todas e para todos manter a bilbioteca ordenada, e máis importante aínda, saber onde está cada cousa cando a precisemos.
Para organizar a nosa biblio, poñémoslle aos nosos libros e demais recursos etiquetas e pegatinas con diferentes cores e números. Cada unha apórtanos unha información diferente.
Aquí vos deixamos a "anatomía dun libro" da nosa biblio, e explicámosvos un pouco cada "etiqueta":
-No lombo do libro, arriba de todo leva unha etiqueta dunha cor, que representa a lingua na que está o libro.
-Máis abaixo, atopamos a etiqueta da CDU. Pero que é a CDU? Trátase da Clasificación Decimal Universal para bibliotecas escolares, é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, se van subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción. Para que nos entendamos, ven sendo a "temática" do libro.
-Logo, atopamos a etiqueta Meiga (Meiga é o programa no que catalogamos os exemplares da nosa biblioteca). Esta etiqueta será dunha cor diferente, dependendo da idade para a que cremos que é máis axeitado o exemplar.
-Ademais, os libros de narrativa levan na parte de arriba da portada, á esquerda, un número, que no se indica o número de estantería onde irá colocado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario