Como ben sabedes, dende fai uns anos no noso centro apostamos polas matemáticas manipulativas, polo que traballamos as matemáticas a través do OAOA "outros algoritmos para as operacións aritméticas".
O profesorado levamos varios anos formándonos para poder ensinar e aportarlle ao noso alumnado esta maneira de comprender e percibir as matemáticas da mellor maneira posible.
Este curso, a través do CAFI, e tendo como principal organizadora á nosa dire, Lucía, tivemos o gran pracer de ter no noso centro a Marcos Marrero Cárdenas, mestre que traballa este método dende fai polo menos unha década. Nas súas formacións amosa a súa maneira de traballar, aportando ideas e facéndonos ver e comprender os procesos matemáticos de xeito diferente ao que seguramente aprendemos a maioría de nos de cativos.
Deste xeito, organizamos unha formación, convidando a varios centros da comarca para que se impregnen desta maneira de traballar.
O profesorado tivemos formación o xoves pola tarde na biblioteca do noso centro, e o venres pola tarde no auditorio de Rianxo. O venres pola mañán Marcos estivo no noso centro, traballando co alumnado, nas diferentes aulas.
Ademais, o sábado en Santiago de Compostela tiveron lugar as xornadas OAOA, para poder impregnarnos un pouco máis desta forma de traballar.
-O profesorado do CEIPP Santa María do Castro xunto co profesorado doutros centros da comarca e Marcos (máis dun centenar de mestres e mestras):
-O venres, formación co alumnado de terceiro e cuarto. 75 minutos de matemáticas manipulativas a través de diversos retos matemáticos e xeometría. O alumnado moi enganchado.
- O sábado en Santiago tamén houbo xornadas OAOA. Representando ao noso centro, Lucía e Alma fixeron un obradoiro de matemáticas manipulativas en Educación Infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario