Hoxe en infantil tivemos un obradoiro de emocións, a través dunha actividade chamada "o bingo das emocións".
Nesta actividade, o alumnado, a través do tradicional xogo do bingo (con ruleta incluída!) fomos traballando diferentes comportamentos, e falando de se estes comportamentos e as emocións derivadas dos mesmos eran positivas ou negativas. Os e as participantes que antes tachaban todos os debuxos, cantaban bingo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario