martes, 8 de abril de 2014

VISITA DE ABRAHAM CARREIRO


 O día 8 de abril recibimos a visita de Abraham Carreiro, o ilustrador e escritor do libro "Estudios Tex" que lemos e traballamos nas aulas do 3º e 4º nivel. Con el tivemos a oportunidade de aprender e por en práctica diversas técnicas de debuxo. Cunha rapidez e facilidade pasmosa debuxounos os personaxes do conto, enchendo varios papeis en branco nun instante. Explicounos como se debuxan corpos, sentimentos,... e invitounos a que os fixésemos nós. A verdade é que funciona pero, hai que prácticar moito e traballar con imaxinación. Por último, asinounos os nosos contos e fíxonos un debuxo para o noso Colexio. Este día pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas.

1 comentario: