Onte fomos de excursión a Coruña en autobús. Eu mareeime un pouco. Visitamos o Domus, o planetario e a Casa das Ciencias. Había moitos aparatos, por exemplo unha corda que tirabas para abaixo e tiña un líquido que facías pompas enormes...
Tamén no Planetario fomos a unha sala que tiña unha capa e alí vimos as estrelas, unha delas chamábase Arturo, a Osa Maior, algúns planetas, a estrela Polar... e mais cousas. Comemos nun parque con mesas e bancos. Despóis, sobre as tres e media da tarde, subimos ao autobús que nos levou ao Domus. Alí experimentamos moitas cousas e vimos unha película en 3D sobre avións.
Sabela Muñiz Viturro (4º de primaria)
Vaia día máis completo!!! Esa xornada aprendestes mil e unha cousas!! Pero, dime unha cousa, Sabela, no Planetario había unha capa ou unha carpa?
ResponderEliminarHabía un ceo no que se reflexaba as estrelas, planetas, ...
ResponderEliminarNon era nin unha capa nin unha carpa era a parte de arriba da sala.
Que lista Sabela.Tes razón,o ceo era precioso con constelacións e astros preciosos.
EliminarEstar no planetario ao teu lado foi alucineitor¡¡¡
Molou moito o planetario, a casa das ciencias e máis o domus
ResponderEliminar