Enlazando coa temática desenvolvida no Entroido, o equipo dinamizador da Biblioteca organizou unha exposición na que se amosaron elementos característicos e significativos de diferentes lugares do planeta. Solicitouse a colaboración das familias e a aportación que fixeron foi extraordinaria. Dende monumentos identificativos ata traxes típicos dos cinco continentes, pódense contemplar ata finais deste mes. Dende aquí queremos agradecer a inestimable colaboración de todos e todas, sen a que esta exposición non sería posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario