O alumnado de segundo de primaria aprendeu a identificar as
principais emocións da man da lectura do MONSTRO DE CORES, convertendo a
expresión das principais emocións nunha rutina de clase onde o alumnado
expresaba o que sentía.
Tamén elaboraron o bote da calma, ó cal recorrían cada vez que algún deles por calquera motivo se sentía aturdido ou nervioso.
Coa axuda das familias, todas as
semanas os rapaces e rapazas de segundo estiveron elaborando unhas sesións de
contacontos nos que se traballaron as diferentes emocións. Algúns deles foron
os seguintes:
O monstro de cores
Quitamiedos
La
manta que abraza
Los
niños no quieren la guerra
De
que color son los besos
Carabuñas….
Promovendo o benestar
interior das crianzas: autoestima, paciencia, calma…confeccionamos varias mándalas
todo o alumnado do grupo durante o curso escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario